Lugo, 17 de xaneiro de 2021. O goberno provincial ten sobradamente demostrada a súa capacidade para incorrer repetidamente no mesmo erro, ou en erros semellantes, de maneira que o equipo presidido polo socialista José Tomé ten que rectificar unha e outra vez. Agora volver a ocorrer, e, como sinala o portavoz popular, Javier Castiñeira, “os feitos dan a razón o grupo provincial do PP e Tomé, unha vez máis, ten que rectificar; nesta ocasión é para restablecer o teletraballo nesta institución, debido a que hai varios casos de positivos en covid-19 entre o persoal da Deputación”.
Castiñeira sinala: “O grupo provincial do PP xa denunciou en novembro pasado que, mediante unha circular interna, o goberno provincial eliminaba a posibilidade de teletraballar; chamounos especialmente a atención que se impedira a posibilidade de teletraballar o 50% da súa xornada a aquelas persoas con fillos en idade escolar ou con dependentes ao seu cargo. Non entendemos aquela decisión; criamos e cremos que o teletraballo era e é positivo, non só para conciliar a vida laboral e familiar, senón para evitar contaxios, e especialmente sabendo as previsións que había xa naquel momento”.
Os populares consideran que “Tomé foi moi irresponsable cando eliminou esta posibilidade e agora non lle queda outra que rectificar, despois de varios casos positivos nestes últimos días entre o persoal da Deputación, incluídos varios deputados do equipo de goberno”.
Así as cousas, Castiñeira pide “explicacións ao señor Tomé” e indica que o presidente da Deputación “debe pedir desculpas, sobre todo aos traballadores por poñelos en risco”. Os populares instan a Tomé “a que confíe na tecnoloxía e na importancia da conciliación da vida laboral e familiar”. Castiñeira di: “O teletraballo veu para quedarse; é positivo e debe regularse. Máis confianza, señor presidente, nos traballadores e sobre todo moito máis coidado, porque as malas decisións ao final poden afectar a moita xente”.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



