Lugo, 04 de xaneiro de 2021. O PP de Lugo ten expresada reiteradamente a súa preocupación pola continua perda de poboación da maioría dos concellos da provincia. Por ese motivo, o Partido Popular, baixo a dirección da súa presidenta provincial, Elena Candia, promoveu unhas xornadas de debate nas que, co título O Reto Demográfico, os recoñecidos especialistas en diferentes áreas que interviñeron aportaron ideas, suxestións e experiencias para frear o despoboamento. Agora, cos datos que demostran que o problema se agrava, o portavoz provincial dos populares, Javier Castiñeira, di que “foi unha moi mala decisión do goberno da Deputación eliminar das bases do Plan Único 2021 a loita contra o despoboamento, a loita para superar o reto demográfico; incluír fondos para este fin foi unha proposta xa feita no ano 2020 polo PP, que entón se aceptou e que retirou o goberno provincial no Plan Único para o ano que acaba de comezar”. É, di Castiñeira, moito máis lamentable porque, de novo, “os datos demográficos son moi malos na provincia de Lugo, que bate un novo récord negativo neste sentido”.
Castiñeira sinala: “Pedimos ao goberno provincial que pense nun plan para combater o despoboamento, para mellorar a demografía da nosa provincia, moi envellecida e con continua perda de poboación en moitísimos concellos. A Deputación de Lugo, se debe ter un obxectivo, debe ser precisamente o de tratar de motivar á xente para vivir no rural. Para elo é necesario investir no rural e para iso hai que ter un proxecto claro, un plan; pedimos ao goberno da Deputación que o deseñe xunto cos concellos e que se consensúe coa oposición. Todas as administracións deben traballar neste terreo, pero moi especialmente a Deputación de Lugo e ten que facelo coas empresas, cos colectivos profesionais, cos grupos políticos e cos concellos”.
O portavoz provincial dos populares sostén que ”é necesario deseñar e poñer en práctica un conxunto de medidas para frear e reverter o proceso de despoboamento do rural, que é unha das maiores enfermidades que ten a nosa provincia”. Expresa a súa preocupación polo feito de que “o goberno provincial non só non fai nada para combatela, senón que, ao contrario, retirou as axudas que propoñía o PP no Plan Único 2021 para afrontar o reto demográfico”.
Castiñeira apunta unha liña de traballo: “Temos unha oportunidade que son os fondos europeos para a recuperación, os fondos Next Generation, que fan fincapé no reto demográfico e na loita contra o despoboamento. Queremos que a Deputación traballe nese sentido e deseñe un plan encamiñado a buscar financiamento neses fondos; é posible facelo de maneira conxunta entre as entidades empresarias e profesionais, os partidos políticos, os concellos e as diferentes administracións”.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



