Santiago de Compostela, 15 de Xaneiro 2021. A portavoz nacional, Ana Pontón, propón un plan de rescate do sector da hostalería similar ao posto en marcha en Alemaña pola chanceler Angela Merkel, habilitando axudas inmediatas para compensar até o 70% das perdas rexistradas polos locais, axudas que deben estar en vigor tanto tempo como duren as restricións que, como no momento actual, supoñen ademais un peche encuberto.
“O BNG apoia todas as medidas que se estimen necesarias para frear a pandemia, porque a mellor maneira de saír da crise económica é controlando o virus, agora ben, se o Goberno de Feixóo decreta o peche dun sector, -que é na práctica o que está pasando coas novas restricións-, ese sector ten que recibir axudas directas e inmediatas que compensen as perdas”, salientou Pontón tras a reunión coa dirección da Asociación de Hostalería de Santiago, encontro que tivo lugar nun local de referencia na cidade, o restaurante Altamira, pechado.
“Ver este local cerrado é a mellor explicación de como está o sector da hostalería en Galiza”, salientou a líder nacionalista.
Hai moitas persoas no sector da hostalería que están nunha situación crítica, -recalcou tras o encontro-, “e non é porque non saiban como manter en pé os seus negocios, senón como manter en pé as súas familias. Fai falta máis que declaracións de intencións, ten que haber axudas, un plan de rescate que debería pasar por compensar perdas, como fixo Alemaña, durante o tempo que duren as restricións á actividade”.
Neste sentido, Pontón pide a Feixóo, “que se poña as pilas e, cando a vai ter mais recursos que nunca, -11.600 M€ de orzamento-, debe chegar á xente que peor o está pasando”, alegou. De feito, este sector non recibiu nin un euro de axudas directas por parte do Goberno de Feixóo até o pasado mes de novembro, mentres que outros territorios tiñan xa en marcha unha segunda liña de subvencións.
“Se se salvou a banca, non se pode deixar caer á hostalería”, subliñou, porque xera miles de empregos e, segundo fontes das propias asociacións, no que vai de crise o sector deixou polo camiño 11.000 postos de traballo entre regulacións de emprego e despedimentos.
En relación a se as administracións locais deben aportar recursos, tal como pide o Goberno galego, a líder nacionalista indicou que xa o estaban a facer e, ademais, mostrou toda a disposición do BNG a que concellos e deputacións participen nun plan de axudas a tres bandas no que cada quen realice o mesmo esforzo orzamentario e sempre desde a negociación.
“Se a Xunta quere coordinarse con outras administracións, que o faga, polo BNG non vai quedar. Nós dicimos: é posible que todas as administracións participen nun plan de axudas á hostalería facendo o mesmo esforzo orzamentario, é dicir, se o Executivo aporta o 1% do seu orzamento que concellos e deputacións fagan o mesmo, pero non é serio anunciar propostas que non están consensuadas, porque parece máis unha cortina de fume. En todo caso, toda a colaboración do BNG para botar unha man a favor da xente que o está pasando mal”, concluíu.
En todo caso, serían dous planos de traballo en paralelo, o das axudas inmediatas por parte do Executivo e unha liña de subvencións nutrida por concellos, deputacións e Xunta negociada e coordinada.




















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



