Lugo 1 de febreiro de 2021. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará a reforma do campo de fútbol de Malates, en Foz. A área de Deportes investirá preto de 46.000 euros nas obras, que mellorarán as condicións de uso destas instalacións que empregan habitualmente máis de 300 deportistas.
As actuacións previstas consisten no arranxo do céspede artificial, na substitución das canalizacións do sistema de drenaxe que rodean o terreo de xogo e na reparación da cuberta, das varandas e das escaleiras de acceso á grada. Tamén se farán diferentes obras de carpintería, albanelería, fontanería e pintura para mellorar os vestiarios. Ademais, reconstruirase con bloque unha parte do muro perimetral do recinto, que fora derrubado por un temporal e arranxado provisionalmente cunhas chapas metálicas.
A concelleira de Deportes Gema Méndez explicou que “se trata dunha actuación moi necesaria para o desenvolvemento do deporte en Foz xa que as instalacións viñan arrastrando problemas desde fai tempo”.“Co arranxo do terreo de xogo veranse solucionadas moitas das demandas dos usuarios, posto que as roturas no céspede artificial provocaban moitas queixas, igual que os vestiarios, moi deteriorados polo paso do tempo e o uso xa que non se reformaron desde que se construíu o campo”, expuxo.
A concelleira focense detallou que “as instalacións acollen habitualmente adestramentos e competicións de deportistas do CD Foz, do AD Santiago de Foz ou do Club Atletismo Ría de Foz, de diferentes categorías, e tamén dos equipos de veteranos de CD Foz e Rapadoira Llas. Ao longo do ano albergan ademais distintos eventos e celebracións deportivas, desde campus estivais ata actividades organizadas polo centros educativos”.
O deputado de Deportes Efrén Castro explicou que “as actuacións previstas mellorarán notablemente as condicíóns dunhas instalacións fundamentais para os clubs e deportistas de Foz” e remarcou “os investimentos en infraestuturas complementan o apio que desde a Vicepresidencia da Deputación se presta ao tecido deportivo de base e afeccionado, sobre todo a través das subvencións de concorrencia competitiva destinadas ao gastos de actividade dos clubs e entidades deportivas”. Nese sentido lembrou que “estas axudas chegaron a máis de 50 clubs da Mariña que recibiron un total de 150.000 euros”



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
