Foz, 22 de febreiro, 2021. Tras coñecer que o Concello de Foz leva ao pleno deste xoves “o abono con fondos do remanente o desequilibrio da conta da auga entre os anos 2016 e 2020”, dende o PP entendemos que o Sr. Cajoto volve a demostrar moi pouco coñecemento dos problemas do Concello e o que é peor actúa maliciosamente, tersiverxando a realidade, tratando de desculpar as decisións dañinas do seu partido ao votar en contra das actualizacións que reclama Gestagua e que ninguén negou nunca.
O encargo do que fala Cajoto do informe do 2014 prodúxose a petición do propio pleno, que despois de entender que era moi complexo que os técnicos municipais desenrolaran a fórmula de actualización, decidiu que fose un tecnico externo. Estando de testigo o Sr. Cancio e os concelleiros socialistas, despois non adscritos.
Dito informe foi exposto a todos os grupos e trataba de desenrolar unha formula asumida e firmada polo goberno socialista no 2017 ao prorrogar por segunda vez un contrato de 1992 de 5 anos de vixencia.
Se o Sr. Cajoto quere saber porque existía a fórmula de actualización, pode preguntarlle ao seu mentor o Sr. Rivera, que foi quen prorrogou o contrato con Gestagua malia a oposición do PPe do BNG daquela.
Aplicar as actualizacións non é cousa do Partido Popular, o señor Rivera despois de firmar a prórroga no 2007 xa demandaba como alcalde no pleno a actualización correspondente. O raro foi que despois na oposición votaba en contra do que él mesmo firmara.
Recomendámoslle a Cajoto que se deixe de falsidades, e non desvíe a atención, asuma a responsabilidade do seu partido na perda de fondos públicos co servizo da auga e depuración, e que cumpla os seus compromisos electoriais.
Si en todo caso agora non vai a municipalizar o servizo de augas e depuración como prometían na oposición, que retome os pregos da concesión, iniciados no 2018 polo goberno popular (e que Psoe e BNG votaron en contra por preferir a municipalización), e evite seguir perdendo fondos municipais, como vai ter que facer con este millón longo de euros, que a xustiza decidiu condenar a pagar.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



