Santiago de Compostela, 13 de Febreiro 2021. O BNG presentou o programa, Xerar Futuro, Galiza Next unha proposta articulada arredor de 15 ámbitos prioritarios de actuación para mobilizar un investimento de 14.380 M€ en dez anos para saír da crise e para sentar as bases do desenvolvemento das próximas décadas. Un orzamento que se nutriría dos fondos europeos de recuperación, -Next Generation-, pero tamén do Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 da UE.
O documento, cuxas liñas avanzou a portavoz nacional, Ana Pontón, “é unha proposta coherente para converter a crise nunha oportunidade da que emerxa a Galiza do futuro: unha Galiza ecolóxica, científica, social e feminista”. “Noutras palabras, -subliñou-, unha Galiza sustentable no económico e no ambiental; unha Galiza vangardista da man da dixitalización, da ciencia e da investigación; e unha Galiza xusta, inclusiva e con igualdade no social”.
Pontón explicou que Galiza Next, Xerar Futuro formula alternativas para os retos que xa estaban aquí e que a COVID tornou urxentes. Retos que sintetizou en cinco: transición ecolóxica e ambiental, transformación tecnolóxica e dixital, o paso a unha economía verde baseada na I+D+i, a saúde e os coidados como piares dunha sociedade inclusiva. E igualdade de xénero que garanta os dereitos das mulleres.
Para afrontar con éxito eses desafíos, o BNG aposta por implicar ao conxunto de axentes económicos, sociais, culturais. “Porque o reto é saír da crise pero non para volver á vella normalidade, senón para dar un paso adiante, un paso de xigante que nos permita definir a Galiza que queremos para as vindeiras xeracións”, proclamou.
Destacou a súa confianza nun País “con ámbitos nos que podemos ser unha potencia e un referente internacional, pero para conseguilo hai que ter ambición, visión de futuro, proxectos e recursos”. E os únicos recursos extraordinarios son os que ofrecen os fondos europeos de recuperación, “por iso temos a obriga de conseguir até o último euro que lle corresponde a Galiza e temos a obriga de acertar nas medidas que poñamos en marcha porque está en xogo a prosperidade dos galegos e das galegas das próximas décadas”.
E tamén por iso, o Bloque avoga pola participación de todas as Administracións, -Xunta, concellos e deputacións-, desde unha gobernanza en tres niveis “baseada na cooperación, lealdade e eficacia, poñendo por diante o interese xeral nun momento que pide máxima responsabilidade co País e coa súa xente”, alegou.
Xerar Futuro, Galiza Next está estruturado en 15 ámbitos prioritarios con propostas estratéxicas a favor dos sectores produtivos, do tecido de pequenas e medianas empresas que sustentan o emprego ou dos servizos públicos, e enfocado cara un novo paradigma económico verde e tecnolóxico e inclusivo no social.
Entre as prioridades destacou a saúde e os coidados, a ciencia e investigación, a dixitalización, o desenvolvemento industrial, as enerxías renovables, economía circular, a biodiversidade e a ecomobilidade, economía e ecoloxía urbanas, a modernización da Administración, a cultura e o patrimonio e a perspectiva de xénero para a igualdade real.
Centro de alertas epidemiolóxicas
A líder nacionalista avanzou algunhas das propostas dun documento será explicado polo miúdo nas vindeiras semanas. “No ámbito da saúde e dos coidados, se algo aprendemos é que sen servizos públicos fortes capaces de velar pola saúde e polo coidado das persoas non hai futuro, nin no económico, nin no social”, alegou.
Por iso o BNG propón un sistema público de saúde para a Galiza do 2030, que poña no centro a atención primaria e a medicina preventiva; que amplíe a atención hospitalaria; que active un plan de atención a saúde mental; que reverta todas as privatizacións; con medicina personalizada e un centro de alertas epidemiolóxicas. E no relativo aos coidados, a estratexia Fogar para garantir o dereito a unha vellez digna empezando por un modelo de residencias públicas.
“A Galiza do futuro será científica ou non terá futuro”, argumentou, por iso Galiza Next inclúe un programa de captación e retención de talento, reforzar o sistema de I+D+i en colaboración coas universidades ou impulsar a investigación biomédica.
A industria, 25% do PIB
A dixitalización e a implantación das novas tecnoloxías son clave na proposta do BNG, incluíndo a intelixencia artificial e a Big Data. O mesmo que a posta en marcha dunha estratexia industrial que inclúa unha transición enerxética xusta e orientada aos sectores con máis potencial: automoción, aeroespacial, robótica, químico-farmacéutico, forestal, agrogandeiro e mar-industria. O obxectivo é que a industria supoña o 25% do PIB en 2030 e tamén que os fondos cheguen ao tecido produtivo das PEMES e autónom@s.
Galiza Next presta atención ás enerxías renovables con medidas como a creación dunha empresa pública de enerxía e unha axencia para a xestión de residuos que promova a economía circular. Nesta liña, a ecomobilidade, cunha rede ferroviaria modernizada como principal medio de transporte ecolóxico e vertebrador do territorio. Na aposta pola sustentabilidade, a bio-construción e a rehabilitación de vivenda forman parte do programa.
E no ámbito da cultura e do patrimonio, potenciar a capacidade para xerar riqueza e emprego dunha industrial cultural que, ademais, aporta visibilidade e xera identidade. Un documento que tamén inclúe un plan detallado para revitalizar o rural, para a explotación do monte e un plan de rexeneración das rías, unha proposta aberta a través dun proceso de participación, de diálogo e de contraste coa sociedade.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



