Ribadeo, 28 de febreiro de 2021. A Concellaría de Medio Ambiente prepara unha ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica, que toma como referencia a que está vixente en Galicia desde 2018. A partir do vindeiro luns, 1 de marzo, estará colgada na web do Concello para que as persoas interesadas en aportar ideas o poidan facer durante un período de 10 días hábiles.
O edil nacionalista explicou que “actualmente o Concello de Ribadeo conta coa ordenanza municipal de protección medio ambiental, cuxa substitución está en fase de tramitación. Nin a que está vixente nin a proposta para a súa substitución regulan a problemática da contaminación acústica do Concello. E de acordo coa lei reguladora das bases do réxime local é competencia propia dos municipios ou Concellos a protección contra a contaminación acústica das zonas urbanas”.
Díaz Freije subliñou que “por iso propoñemos para que se inicie a tramitación necesaria para a súa aprobación da proposta da ordenanza de protección contra a contaminación acústica de Galicia (ORDE do 26 de novembro de 2018 pola que se aproba a proposta de ordenanza de protección contra a contaminación acústica de Galicia – DOG Núm. 238, venres, 14 de decembro de 2018) como ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica do Concello de Ribadeo. Trátase dunha normativa moi técnica e moi complexa e queremos partir dela”.
O concelleiro de Medio Ambiente indicou que “deste xeito abrimos un prazo de dez días hábiles para que calquera persoa que desexe aportar algo o faga. Despois esta ordenanza someterase á súa aprobación inicial a través do pleno e establecerase outro período de trinta días hábiles de exposición pública para aportar máis información ou alegacións. A proposta de ordenanza de protección contra a contaminación acústica de Ribadeo estará exposta na web municipal no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ribadeo”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



