Lugo, 30 de marzo de 2021. A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a través do seu secretario xeral, Jaime López, trasladou á presidenta provincial, Elena Candia, que dita entidade tampouco renuncia ás variantes ferroviarias da liña Ourense-Lugo. Deste xeito, Elena Candia, que estivo acompañada tamén dos deputados autonómicos José Manuel Baleiro Orol, Cristina Sanz e Raquel Arias, continuou coa rolda de contactos cos distintos axentes socioeconómicos da provincia, co fin de recabar apoios para que o Goberno central non prescinda da construción destes enlaces, pois non executalos suporá eliminar á provincia do mapa da alta velocidade.
A CEL súmase así á ofensiva liderada polo PP, na que tamén se implicou á plataforma “Lugo… non perdas o tren”. Elena Candia trasladou que “o encontro enmárcase no obxectivo de evitar o agravio que supón a decisión do Executivo de Sánchez”. Proba delo, dixo, e que “xa o pedimos no Parlamento, hoxe na Deputación, e tamén no Congreso e no Senado”. “Valoramos o investimento, di Candia, pero non renunciamos á as variantes”.
Deste xeito, o que reclaman dende o PP é que o Goberno execute estas dúas variantes, tal e como estaban programadas no plan de modernización e mellora da liña ferroviaria Ourense-Lugo, e que permitirían reducir en 23 minutos o percorrido dos 117 quilómetros que separan por tren ambas as dúas capitais. A súa construción suporía, ademais, un valor engadido ao servir para conectar co AVE en Ourense e viaxar a Madrid en pouco máis de tres horas e cuarto.
Castigo de Sánchez a Lugo
Eliminar estas variantes sería unha medida restritiva máis das aplicadas polo Executivo de Sánchez aos lucenses e que daría continuidade á política de recortes aplica con anterioridade dende o ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Cómpre lembrar que José Luis Ábalo foi o responsable de reducir un 50% o investimento nas melloras desta conexión.
PSOE e BNG impiden a chegada da alta velocidade
Na mesma liña, os deputados provinciais defenderon na Deputación unha moción, co fin de recabar o apoio de toda a corporación e sumar así novos apoios para que o Goberno non deixe a Lugo sen alta velocidade “e de facer forza para non renunciar a estes compromisos e non ser cidadáns de terceira dentro do Estado español”, tal e como explicou o deputado José Antonio García. Finalmente, socialistas e nacionalistas votaron en contra da iniciativa popular, contribuíndo con elo a que Lugo quede sen alta velocidade.
Por este motivo, García lamentou “o enfado tan arrogante que presentou a deputada socialista, Pilar García Porto, para defender ao seu presidente do Goberno, pois non defende a ninguén máis”. A este respecto, o popular puxo en valor que en 2018 había un proxecto con prazos e logo veu a moción de censura que provocou que non se puidese concluír o proxecto que deixara encamiñado PP.
“Pedimos o que a esta provincia lle corresponde, que era co que estaba dacordo a provincia de Lugo. Ríanse de quen queira, pero non dos cidadáns que non son tontos. Vostedes, esta Deputación, que ten que ser a proa desta provincia, están abandonando o tren. Son os que se baixan do tren. Cambiaron o Goberno pero agora non cumpren. Ábalos dixo que se ían manter os compromisos e que a conexión ía estar en 2021, pero iso xa morreu. Non deixen en tan pouca estima esta Deputación. Vólvennos asoballar e vostedes dano por ben feito”, manifestou con claridade o popular na súa intervención.
“É moi triste o resumo. A Deputación de Lugo báixase do tren. Sigan extinguíndose en Galicia. Agora desdíganse. Hoxe perdemos o tren grazas aos seus votos”, concluíu García.



















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



