Lugo, 11 de marzo de 2021. A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a planta que a empresa Leite Río do grupo Lence ten no polígono industrial do Ceao (Lugo). O obxectivo do encontro era coñecer os novos proxectos que o grupo lácteo ten en marcha, así como asesorar sobre as liñas de apoio da Xunta de Galicia á modernización do tecido produtivo, en concreto, ás grandes empresas.
Argerey, acompañada da conselleira delegada deste grupo, Carmen Lence, apuntou que o sector alimentario é estratéxico para a economía galega e, como tal, é prioritario para as políticas de innovación do Executivo galego. De feito, un dos tres retos prioritarios da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) é a modernización dos sectores primarios galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da súa eficiencia e reorientación cara usos de maior valor engadido.
A directora de Gain contextualizou esta aposta da Xunta de Galicia por aumentar a competitividade da industria alimentaria a través da innovación no contexto de pandemia por coronavirus que ten demostrado o carácter esencial do sector. Neste sentido, sinalou que “a aposta pola innovación é, se cabe, máis importante ca nunca para responder con éxito aos grandes retos que nos plantexa a situación actual”.
Precisamente, o grupo Lence está inmerso actualmente no desenvolvemento de novos produtos de gran valor engadido grazas á innovación que contribuirán -en palabras de Patricia Argerey- “a crear emprego de calidade e xerar riqueza”. A directora tamén destacou a participación do grupo na aceleradora de innovación vencellada ao sector alimentario, Business Factory Food, impulsada pola Xunta de Galicia e o Clúster Alimentario de Galicia, na que colabora como empresa tractora achegando coñecemento, dedicación e recursos a prol do impulso ao emprendemento innovador e á consolidación de proxectos innovadores neste ámbito.
A directora de Gain aproveitou a visita para informar á empresa sobre as liñas de apoio que a Axencia Galega de Innovación ten actualmente abertas para fomentar a innovación e dixitalización do tecido produtivo galego. Anunciou que o vindeiro luns 15 de marzo se publicarán as convocatorias dos programas Talento Sénior e Principia, que apoian a contratación de persoal para realizar actividades de I+D+i en empresas e organismos de investigación. Tamén lembrou que está actualmente aberta a convocaroria Conecta Hubs para apoiar proxectos de I+D+i colaborativos aliñados coas áreas dos Hubs de Innovación Dixital que ten como obxectivo facilitar a transición dixital das empresas galegas e, por tanto, a súa competitividade.
Por último, presentou o programa Deseño para a Innovación que persegue que as empresas galegas incorporen o deseño nas súas estratexias empresariais como motor de innovación e de competitividade, grazas á súa capacidade para conectar ás empresas coas necesidades das persoas, mellorando a experiencia dos usuarios, optimizando a funcionalidade dos produtos e facendo posible que os avances en coñecemento se traduzan en novos produtos e servizos.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



