Foz, 31 de marzo de 2021. Esta mañá celebrouse en Radio Foz o segundo sorteo de dez vales de 50 euros cada un para gastar no comercio e na hostalería local focense que se enmarca nas Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz, que a pasada fin de semana estiveron dedicadas á faba de Lourenzá. Os gañadores destes vales son: Noelia Pérez, Tito Teijeiro, Irene Fernández, María José Herranz, Pablo López, Jesús Martínez, José García, Rafa Reigosa, Ana María Álvarez y Ramón Gómez.
Ao sorteo celebrado hoxe asistiron o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade, que se porá en contacto cos premiados para entregarlles os vales.
As Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz son organizadas polo Concello en colaboración con AciaFozCCA. O edil de Comercio destacou que “houbo unha gran participación, tanto de establecementos, un total de 42, como de clientes; proba disto é que para o sorteo había unha gran cantidade de papeletas. As xornadas da pasada fin de semana tiveron moi boa acollida, como esperamos tamén para as das tapas, que se celebran desde mañá, xoves, ata o sábado. Nesta ocasión serán preparacións máis elaboradas e polo tanto o prezo será de 2 euros”.
Chema Linares engadiu que esta iniciativa “está tendo bastante éxito, froito da colaboración entre a ACIA e o Concello, dentro da campaña imPULSA Foz para o comercio e a hostalería”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



