Burela, 5 de marzo de 2021. Burela prepara o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible. Os técnicos de Medio Ambiente agardan ter listo o borrador o vindeiro mes de setembro. O obxectivo que persigue é minimizar o impacto do cambio climático no municipio.
Xacobo Casal, técnico municipal de Xestión de Medio Ambiente, explica que “é un compromiso que se adquire unha vez que se subscribe o Pacto dos Alcaldes polo Clima. Do que se trata é de establecer unha valoración analítica da situación tanto desde o punto de vista da eficiencia enerxética a nivel municipal como desde o punto de vista da incidencia climática para despois implementar a través dese plan unha serie de accións para facer fronte a todas as realidades que están a incidir no cambio climático”.
Casal conta que “as autoridades locais o que fan é comprometerse a realizar este Plan de Acción nun período de dous anos desde que se subscribe o Pacto dos Alcaldes. No caso de Burela iso ocorreu o 30 de abril de 2020. O goberno municipal decidiu que se realizase a través de medios propios, porque quere facer un documento que responda aos criterios e requisitos que establece o Pacto dos Alcaldes, pero quere dar un paso máis aló facendo un documento estratéxico e exhaustivo que sexa a guía durante o período 2020-2030 para o conxunto do concello de cara a acadar os obxectivos establecidos con carácter xeral pola Axenda 20-30”.
E engade que “o Plan estase coordinando desde a Concellería de Medio Ambiente, liderada por Toñi Eijo, e estámolo a desenvolver tanto eu como técnico de Xestión de Medio Ambiente como un bolseiro en prácticas que temos con nós, que é graduado en Enxeñería de Montes e que está especializándose en temas medio ambientais e está a facer aquí unhas prácticas tanto académicas como extra curriculares, a través das que vai desenvolver todo o seu coñecemento centrado neste Plan de Acción”.
Pola súa banda, Cristian Pérez, o bolseiro que está a traballar no Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible do Concello de Burela sinala que “se trata dun plan que nos permita avanzar cara a sostibilidade de Burela mediante a busca dunhas medidas que se consideren efectivas e que actúen na mitigación contra o cambio climático, seguindo os criterios que se adecúen ao propio municipio. O plan comprende estratexias e accións de mellora nos ámbitos enerxético e ambiental e pretendemos facer un nexo co ámbito económico e social”.
Pérez quixo “agradecer á institución a posibilidade que me brindou para adquirir coñecementos paralelos que vinculan o Máster que estou a cursar coa materia de Medio Ambiente que busca ser respectuosa co medio ambiente e que comprende distintos vectores ambientais sobre os que se centra o meu estudo, neste caso auga, residuos, emisións de gases de efecto invernadoiro e contaminación acústica e lumínica.
Tamén tiven a sorte de contar cun titor, que é técnico xurídico e que me axudará a complementar a miña formación en aspectos máis normativos, aspecto onde os técnicos temos mais carencias”.
Sobre os obxectivos do PACES indica que “ademais dos obxectivos xenéricos que se recomenda desde a Unión Europea como son o inventario de emisións de gases de efecto invernadoiro vaise plantexar un plan de minimización ou de descarbonización do CO2, a partir dun estudo de redución de gases por sectores económicos. Vamos contemplar o sector doméstico, o industrial, o terciario, o residual e o de transportes. E ademais centrarémonos nuns obxectivos específicos en relación co propio municipio, que serían de eficiencia enerxética en ámbitos de dominio público, tratando de minimizar un impacto importante no medio ambiente e valorar a produción de enerxía a partir de recursos propios endóxenos como poden ser as enerxías renovables que se comprendan dentro do concello. Tamén trataremos de minimizar e xestionar, ata onde sexa posible, o tema de augas e de residuos en favor dunha economía circular e de facer unha análise e viabilidade técnico ambiental, económica e social dos sectores do propio municipio. Xa estamos a desenrolar propostas de recuperación e rexeneración de zonas ambientais mediante a implantación de árbores frondosas autóctonas. E vaise plantexar unha alternativa de ordenación e territorios sostibles. E un dos puntos máis importantes, e que queremos facer chegar á cidadanía, é que queremos integralos, conciencialos, sensibilizalos e favorecer a participación cidadá”.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, agarda que “o borrador estea listo en setembro para sometelo á consideración dos sectores económicos, sociais e políticos para que presenten as súas achegas e que sexa un documento de consenso, útil e realizable”. Xacobo Casal di: “queremos que sexa un traxe que se axuste ás verdadeiras necesidades de Burela, que sexa realista e que se acaden eses obxectivos con accións prácticas”. Despois da tramitación administrativa será sometido á aprobación do pleno do Concello.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, agarda que “antes de finais de ano o PACES sexan unha realidade” e lembra que “o límite máximo para telo listo é abril de 2022, pero tentaremos non esgotar o prazo”.
O alcalde burelés, Alfredo Llano, manifesta que “neste Plan de Acción queremos abarcar temas como a xestión integral da auga, a do aire, a actividade socioeconómica e o tratamento de lixo, creo que abarcamos un espectro moi grande co único propósito de que no seu conxunto o concello de Burela se vexa moi mellorado, sobre todo en temas de medio ambiente. Haberá medidas a curto, medio e longo prazo. Entendo que no seu conxunto debe ser algo moi bo para o noso concello”.
Eijo subliña que “seguimos coa plantación de árbores frondosas autóctonas por Burela, tal e como fixemos nas inmediacións do Concello e no Monte Caselo hai unhas semanas, estamos a seguir agora por localizacións como a Vila do Medio. Trátase dunha medida importante, que tamén se enmarca neste Pacto polo Clima. E cos nosos obradoiros estamos a levar adiante un intenso traballo de mellora dos parques de Burela”.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



