Sucedeu sobre as sete da tarde deste sábado na Avda. Canosa. O condutor do vehículo deu positivo en alcohol.

O Grupo de teatro da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña presenta a obra "A maxia dos sentimentos" este domingo 11 de abril ás 19h na Casa da Cultura. Trátase dunha obra infantil pero que tamén pode ser apreciada por persoas de calquera idade afeccionadas ao teatro e con ganas de apoiar as actividades da Asociación. A Entrada é gratuita pero polas medidas sanitarias e de aforo está limitado a 60 espectadores.
A narradora Antía Vázquez protagonizará unha sesión de contacontos na que recreará a historia da Apalpadora, unha personaxe do Nadal que este ano atrasou a súa chegada ata a primavera. A cita é no parque de San Francisco (no teatro no caso de mal tempo) ás 17:30h.
Son arestora 160 positivos. Destes 3 están na UCI no HULA. 4 en hospitalización (todos no HULA) e o resto en domicilio.
A Xunta de Goberno sacou adiante a adxudicación das obras de mellora da LU-P-0210, a estrada provincial que une A Seara, en Alfoz, con San Acisclo, en Foz. A empresa Isidro Hermanos Blanco Trigo SL é a adxudicataria das obras, por un importe de máis de 98.500€ e cun prazo de execución de 6 meses. As actuacións, que afectan ó tramo que vai do quilómetro 5,100 ó 5,236, consisten no ensanche e na mellora da vía, aglomerado en quente, e dotación de iluminación e beirarrúas co fin de mellorar a seguridade viaria. A Deputación inviste neste proxecto uns 130.000 euros, entre a execución das obras e a adquisición dos terreos.
Nunha carta remitida aos traballadores, Alcoa informou que a planta foi ofrecida á SEPI quen como novo comprador, asumiría a xestión e as responsabilidades xeradas a partir do intre no que se complete a venda.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este xoves á toma de posesión do novo Delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones Conde, nun acto que tivo lugar no Salón de Actos da Delegación do Goberno en Galicia, na Coruña. Tomé Roca desexoulle as mellores das sortes no seu novo cargo e amosoulle a súa máxima vontade de colaboración como titular da institución provincial de Lugo.
Fíxoo ao formar parte do grupo de idade de 60 a 65 anos. Isabel Rodríguez agradeceu o traballo dos profesionais sanitarios e lembrou que nos últimos días o Goberno enviou 163.700 doses de vacina á Xunta de Galicia
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital