Santiago de Compostela, 4 de marzo 2021. O BNG vén de acadar no Parlamento galego o compromiso do Sergas para cubrir as vacantes do servizo sanitario de cardioloxía na comarca da Mariña, que actualmente “só dispón dun profesional para 70.000 habitantes”, tal e como advertiu o deputado nacionalista Daniel Castro.
En resposta a unha pregunta formulada por Castro en comisión parlamentaria na que recriminou á Xunta a “insostible situación” da cardioloxía na comarca, o xerente do Sergas, José Flores, recoñeceu que o Goberno galego é “perfectamente consciente e responsable de que é a nosa obriga seguir intentado que o servizo se cubra” e comprometeuse a “sacar os profesionais de onde sexa necesario” para dar a cobertura precisa “de cardioloxía a todos os veciños da Mariña sen que teñan que desprazarse ao hospital de Lugo, neste caso”.
Logo dos argumentos empregados polo máximo responsable do Sergas para xustificar esta situación na dificultade de atopar especialistas, o deputado nacionalista emprazouno a mellorar as condicións laborais dos profesionais. “Quizais ten algo que ver que as condicións laborais sexan mellores noutros territorios ou mesmo noutros Estados”, recriminou, para a continuación recordarlle tamén que son moitas e moitos os profesionais que acaban na sanidade privada polas súas mellores condicións de traballo e por “non ter uns servizos públicos dignos e de calidade”.
De igual xeito, reprobou ao alto cargo da Xunta que “dicir que a atención cun só profesional está cuberta é insultar a intelixencia dos mariñás e das mariñás” cando, recalcou, a atención xa non estaba garantida cando a comarca dispoñía de tres profesionais. “Salvo que se considere garantido o servizo con listas de agarda de ata dous anos”, reprobou, logo de subliñar que “isto non é unha atención sanitaria de calidade, a que o Goberno galego ten a obriga de dar”.
Neste sentido, tamén emprazou ao Executivo de Feixóo a recuperen a área sanitaria da Mariña, o que permitiría reforzar a atención sanitaria na comarca e no seu hospital de cabeceira, en vez de converter este complexo sanitario “nunha sorte de filial do hospital de Lugo ou nunha especie de centro de saúde grande”. “Gustaríanos animalos a que destinen maiormente os seus esforzos en garantir servizos de calidade no hospital da Mariña e non soamente a inaugurar metros e metros cadrados esquecéndose das eivas nos servizos, que son moitas e que seguen sen se solucionar”, recalcou.
O deputado nacionalista rematou a súa intervención reclamando, primeiro, a cobertura urxente das prazas vacantes en cardioloxía e, segundo, o reforzo deste servizo e do conxunto de servizos sanitarios da comarca cos recursos humanos, materiais e tecnolóxicos que garantan a atención dos pacientes tanto en calidade como en proximidade.
“Repoñan estas prazas e auménteas, pero ademais de prazas, poñan os seus esforzos en achegar a sanidade pública á xente porque a sanidade pública, ou é próxima, ou non é da calidade”, concluíu.





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



