Viveiro, 4 de marzo de 2021. O Concello de Viveiro, dentro do programa de actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, iluminará desde esta noite de cor lila a porta de Carlos V.
Dado que o contexto sanitario actual non permite as concentracións multitudinarias, dende o Concello de Viveiro faise un chamamento á participación da cidadanía nas alternativas propostas para este 8M.
“A loita pola igualdade é para nós unha prioridade de goberno; neste concello traballamos cada día para acadar unha sociedade na que a igualdade real sexa unha normalidade, un concello inclusivo e respectuoso en materia de xénero”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“A saúde prima pero nós non cedemos no noso empeño de loitar por unha sociedade máis igualitaria, traballando os 365 días para que isto sexa posible; desde o Centro de Información á Muller impulsamos numerosas actividades durante o ano para que o noso concello, como di a campaña ‘Viveiro de igual a igual’, sexa un lugar no que as mulleres e os homes vivan en igualdade,” subliña pola sua parte Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Muller.
O programa para o vindeiro luns 8 de marzo incluirá a lectura colectiva dun manifesto, aberta a todas as mulleres e homes que desexen participar. Para formar parte deste manifesto, formado por vídeos nos que cada participante lerá unha frase, as persoas interesadas deben poñerse en contacto co Concello no número 676 877 799.
Ademais, tamén está prevista unha interpretación especial da man de actriz Estíbaliz Veiga, que se poderá seguir a través das redes sociais do Concello de Viveiro.
Doutra banda, o goberno local tamén impulsará unha actividade de formación que consistirá nun curso de autoestima para mulleres inmigrantes. A iniciativa comenzará o vindeiro día 8 e continuará durante os días 15, 22 e 29 de marzo na aula UNED en horario de 10:00 a 12:00. A actividade formativa será presencial e seguiranse todas as medidas sanitarias pertinentes.
Por último, o Concello de Viveiro organiza varios concursos con motivo do Día da Muller. Así, está prevista a celebración de dous concursos coa temática “Traballos e Mulleres”, un de fotografía amateur e outro de debuxo infantil. Ademais, celebrarase o concurso audiovisual “Reelsmenteiguais” dirixido ao alumnado dos centros educativos do Concello de Viveiro.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



