Santiago de Compostela, 7 de marzo 2021. A portavoz nacional, Ana Pontón, advirte da “involución” dos dereitos e condicións laborais das mulleres ante un 8M que “ten máis sentido ca nunca” nun momento no que a resposta económica á pandemia pretende asentarse “sobre a precariedade das mulleres”. Así o manifestou nun acto con mulleres que desenvolven a súa actividade en distintos ámbitos profesionais e co que o BNG rendeu homenaxe “a todas as mulleres que foron, e seguen sendo, imprescindibles” durante a crise orixinada pola COVID.
As caixeiras de supermercados, as médicas, as empregadas de residencias, as enfermeiras, as mestras e tantas e tantas outras mulleres “foron as que, desde os seus postos de traballo sostiveron ao conxunto da sociedade no peor da crise”, lembrou, para a continuación denunciar que, sen embargo, “un ano despois as súas condicións laborais, económicas e sociais non só non melloraron, senón que en moitos casos empeoraron”.
Neste sentido criticou que fronte ao “imprescindible” labor desenvolvido, a resposta dos Gobernos foi e está sendo a da “precariedade das mulleres” e recordou que 8 de cada 10 empregos destruídos dende a chegada do virus estaban ocupados por mulleres. “A pandemia non pode ser unha coartada para conxelar ou retroceder nos dereitos conquistados”, recalcou, logo de reprobar “a campaña orquestrada dende a dereita e a extrema dereita” para cuestionar o “noso dereito a manifestarnos e defender nas rúas a igualdade real”.
Pontón recordou as innumerables manifestacións desenvolvidas anteriormente por distintos colectivos sociais e que non foron cuestionadas en ningún momento, polo que considerou indignante o relato que se pretende impoñer sobre o 8M “sabendo que non vai haber mobilizacións masivas, senón actos reivindicativos que cumpren todas as medidas de seguridade”.
“Sairemos a manifestarnos con toda a responsabilidade e mantendo todas e cada unha das medidas de seguridade, pero non imos a deixar de reivindicar dereitos porque o machismo político pretenda calarnos e deixarnos na casa”, incidiu, logo de recriminar o intento de “criminalización” das mulleres e o feminismo, e lamentar que o escenario debuxado pola dereita lle estea marcando o paso a unha parte da esquerda. “Que non conten co BNG para isto”, acentuou.
A portavoz nacional asegurou que as mulleres e o feminismo galego “teñen a un aliado” no Bloque, en contraposición á inacción do Executivo de Feixóo en materia de igualdade que “en vez de poñerse do lado das mulleres, decidiu boicotear o 8M”. Logo de reprochar ao PP que non impulsara nin unha soa medida en favor das mulleres, recordou os retrocesos rexistrados en distintos ámbitos, con recortes nas axudas ás mulleres vítimas de xénero e nos servizos de información ás mulleres, a recuperación dos concertos que segregan por xénero e o incumprimento das leis de igualdade.
“Boicotean os dereitos das mulleres como veñen facendo coas folgas do 8M”, subliñou, para a continuación recordar que o PP chegou a considerar machista a primeira folga de mulleres e que a Administración Feixóo ten dúas sentenzas condenatorias por vulnerar o dereito á folga dunha xornalista da TVG e por impoñer uns servizos mínimos que segundo sentenza xudicial eran “maliciosos” e pretendían boicotear a folga. “Este é o balanzo do PP: boicot ás mulleres e á igualdade”, resumiu.
Fronte ao modelo do boicot e o recorte, Pontón apuntou a proposta do BNG en materia de igualdade e que, segundo subliñou, defenderá non só o 8M senón todos e cada un dos días do ano. Neste sentido, avogou polo desenvolvemento dun plan de emprego feminino, que evite que as mulleres saian expulsadas do mercado laboral e que acabe coa precariedade, e polo impulso dunha Lei galega pola igualdade salarial para poñer fin a unha fenda pola que unha muller cobra de media un 21% menos de salario que un home por facer o mesmo traballo.
Co obxectivo de combater calquera tipo de discriminación, e tal e como acontece en Euskadi ou nos países nórdicos, propuxo a creación dunha Valedoría de Igualdade con capacidade sancionadora e, de igual xeito, defendeu a posta en marcha dun Plan de Dignificación dos Coidados cunha rede pública de servizos que facilite a conciliación. Por último, apostou por destinar o 1% dos orzamentos da Xunta á loita contra a violencia machista. “Sei que queda moito camiño por andar, pero tendes a miña palabra que dende o BNG imos defender a igualdade das mulleres e combater a discriminación nunha campaña que non empece e acabe no 8M senón que imos desenvolver todos e cada un dos días do ano”, concluíu.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



