Un dos actos principais programados para este 8M, Día da Muller, é un recoñecemento ás Mulleres Solidarias do concello. A particular homenaxe neste 8 de marzo vai para Mari, Angelines, Victoria, Adeli, Margarita, Carmen, Mari Luz e Nati que coas súas propias mans teceron milleiros e milleiros de máscaras durante o confinamento. Este luns, 8 de marzo, ás 17:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, hai programado un recoñecemento a todas elas polas súas PUNTADAS DE SOLIDARIEDADE!




















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



