Ribadeo, 2 de marzo de 2021. O vindeiro 6 de marzo Ribadeo renderá homenaxe a todas as mulleres coa inauguración dunha escultura de ferro, que foi deseñada pola artista Ana Vidal Suárez e realizada polos Ferreiros de Mazonovo. Deste xeito conmemorarase o Día Internacional das Mulleres.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “este 8 de marzo, marcado pola pandemia que estamos a vivir desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo queremos aproveitar esta efeméride para facer un homenaxe a todas as mulleres do noso concello. Queremos ensalzar ás mulleres, como provedoras deses coidados invisibles en moitas ocasións, como suxeitos que resisten e soportan as discriminacións cotiás polo único feito de ser mulleres. Como aquelas, que están a sufrir aínda máis as consecuencias da pandemia. Por elas e para elas !! Por iso, o vindeiro 6 de marzo ás 12.00 horas inaugurarase unha escultura de grandes dimensións forxada en ferro, que se colocará na Praza 8 de Marzo”.
A edil ribadense explicou que “esta escultura denominouse pola artista que a deseñou, Ana Vidal Suárez, como Son o poder dentro de min. A obra xurde da necesidade de representar o feminino desde unha perspectiva ampla, complexa e profunda. Materializa a enerxía feminina nun poderoso elemento central, o espírito das mulleres que coa súa presenza busca ser o reflexo e inspiración daquelas que o observen, condensando unha maior densidade de materiais que nos transmiten forza e firmeza, á par que as súas liñas, sinuosas, case líquidas, outórganlle un carácter de liberdade e fluidez. Xorde a manifestación máis física da muller na forma de tres rostros que representan as tres idades clásicas: a nena, a muller e a anciá”.
Mariluz Álvarez Lastra dixo que “a escultura é unha obra composta por ferro forxado realizada polos Ferreiros de Mazonovo, integrado actualmente por Friedrich Bramsteild, un mestre ferreiro austríaco de sétima xeración e Paz Prieto, unha restauradora que chegou á zona hai 4 anos para aprender o oficio da forxa. Ana Vidal, a deseñadora da obra é unha artista e deseñadora, licenciada en Belas Artes na especialidade de escultura pola Universidade de Vigo”.
A concelleira de Igualdade engadiu que “ademais ao longo deste mes poranse en marcha diferentes iniciativas das que iremos informando como talleres nos centros educativos de Secundaria e a creación do Espazo de autocoidados en tempos de pandemia. Este espazo, por medio do programa Vou quererme, ten como obxectivo fomentar o empoderamento e a autoestima das mulleres adultas. Será dinamizado pola psicóloga Marina López de Prado en sesións reducidas de 5 persoas. Levaranse a cabo 10 sesións dunha duración de 1 hora e 30 minutos. O prazo para anotarse a esta actividade finaliza este venres, 5 de marzo. Pode realizarse a inscrición ben chamando ao 982 120 739 ou escribindo un correo electrónico a cim@ribadeo.org”.
O Concello de Ribadeo participará nos diferentes actos organizados polo feminismo galego representados na plataforma Galegas 8M “que na nosa vila consistirá nunha manifestación que decorrerá o propio 8 de marzo gardando todas as medidas de seguridade existentes nesa data”.






















Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



