Ribadeo, 22 de marzo de 2021. Xa se coñecen os nomes dos gañadores do XI Concurso Fotográfico Día do Pai, organizado por Acisa Ribadeo. A presentación de traballos no facebook da asociación tivo lugar do 6 ao 19 de marzo así como as votacións das imaxes.
O primeiro premio co título Que la vida nos acompañe toda la vida juntos, é para Ricardo López Fernández por unha fotografía feita na Lira. O gañador levará unha cámara fotográfica FHD HDR-AS50 B Black Sony valorada en 250 euros. O segundo premio co título Papá es el mejor maestro é para Igor Rodríguez Gómez por unha fotografía feita no bar Galicia. Recibirá 60 euros en vales de compra de Acisa. E o terceiro premio co título De tal pai, tal filla é para Antía Vázquez Gómez por unha fotografía feita en Galipizza. Será obsequiada con 40 euros en vales de compra de Acisa.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, aclara que “en cumplimiento de lo que establecían las bases del concurso, las fotos ganadoras tenían que ser hechas en establecimientos asociados a Acisa por lo que, aunque había fotos que superaban en votos a alguna de las premiadas, no pudieron optar a llevarse uno de los tres premios que pusimos en juego”.
O presidente da asociación ribadense, Francisco Iriarte, recorda que “este año lo que se pretendía era dar visibilidad y publicidad a los establecimientos asociados, dadas las circunstancias, y por eso se cambió la dinámica habitual del concurso. Queremos agradecer de igual forma a todas las personas que participaron, de hecho, no quisimos eliminar las fotografías para que todo el mundo las pudiera ver, pero las bases eran claras”.
Ponte de San Xosé
Desde Acisa valoran de forma positiva a incidencia que a ponte de San Xosé tivo en Ribadeo. Iriarte Quintana sinala que “sabemos que somos muy insistentes recordando las normas, pero vemos que da resultado, la inmensa mayoría de los negocios cumplen con ellas y la clientela cada vez está más concienciada. Pero seguiremos insistiendo para aquellos a los que les cuesta un poco más adaptarse a ellas.”
Para Pérez Prada “daba gusto ver las terrazas el domingo llenas, respetándose las medidas de seguridad, y daba gusto ver que los restaurantes tenían buenos datos de reservas para dar comidas. Parece que al menos la movilidad comarcal y la autonómica van ayudando a recuperar poco a poco la actividad económica de Ribadeo, lo cual demuestra que seguimos siendo un destino de ocio y compras referente. Ahora toca seguir disfrutando de nuestra hostelería de forma segura y responsable para que más pronto que tarde podamos salir adelante. No podemos dar pasos en falso, no podemos cometer errores que nos puedan llevar a situaciones pasadas. Eso es fundamental”.























Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.