Burela, 22 de marzo de 2021. O alcalde, Alfredo Llano, fai unha chamada á participación no cribado masivo que o Sergas realizará en Burela a partir do vindeiro xoves, 25 de marzo. O rexedor ven de asinar un Bando, que está colgado no taboleiro de anuncios da web municipal.
Nese Bando alúdese ao cribado voluntario que o Sergas realizará en Burela para a prevención do covid19. Está destinado a aquel sector da poboación que desenvolve a súa actividade laboral, profesional ou de voluntariado cara ao público usuario dos servizos públicos, privados ou do terceiro sector prestados no termo municipal de Burela: comercio retallista, hostalería, restauración, hospedaxe, supermercados, tendas de alimentación, transporte público ou privado de viaxeiros, etc…
Llano subliñou que “o único que teñen que facer é chamar ao 608 555 300 e anotarse. Poderán facelo de 8 a 14 horas ata o vindeiro mércores ás dúas da tarde. As persoas que voluntariamente desexen inscribirse nesta acción preventiva deberán facilitar o nome e apelidos, o DNI ou NIE, un teléfono de contacto e o sector no que desenvolve a súa actividade laboral, profesional ou de voluntariado”.
O alcalde, Alfredo Llano, engadiu que “si queremos evitar novos brotes de covid entre a nosa poboación temos que seguir atendendo os protocolos e non podemos relaxarnos nin moito menos, porque iso suporía volver para atrás. E o que queremos é ir para diante. Así que temos que conseguilo entre todos, dando o exemplo que é habitual en Burela, de responsabilidade, sendo conscientes do que pode suceder. De aí a importancia de participar neste cribado voluntario”.
Desde as once desta mañá, momento no que se abriu a inscrición no devandito cribado, anotáronse 110 persoas, segundo os datos facilitados polo rexedor.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



