Compostela, 13 de abril, 2021. Comisións Obreiras e a asociación profesional Amproega denuncian o «abandono» do sector da música e dos espectáculos e piden axudas para a súa reactivación. Trátase dun sector especialmente castigado pola pandemia, que abrangue profesións moi diversas e que nas temporadas de maior concentración de actividade podía empregar a máis de 3000 persoas en Galicia. Porén, levan máis dun ano sen poder desenvolver con normalidade a súa profesión e ano e medio —desde outubro de 2019— practicamente sen actividade.
Despois de case un ano de negociación entre a Xunta de Galicia, Comisións Obreiras e Amproega, a Administración autonómica aprobou a comezos de ano axudas directas para os traballadores e traballadoras do sector da música. Tres meses despois, porén, o Diario Oficial de Galicia segue sen dar conta destes apoios económicos.
Colectivos excluídos doutras axudas
Desde CCOO e Amproega urxen a publicar «decontado» esta liña de axudas e a «negociar xa outras máis ambiciosas». Lembran, asemade, que estas traballadoras e traballadores quedaron excluídos das prestacións por desemprego —pola precariedade na contratación ou ausencia de contratos—. Ademais, a regulación dos ERTE non incluíu o persoal con contratos artísticos —maioritarios no sector—.
Posteriormente, adoptáronse medidas de apoio ao sector cultural para facer fronte ao impacto da covid, pero só para quen estivese de alta na Seguridade Social antes do 14 de marzo de 2020, requisito que os profesionais das verbenas galegas non cumprían, pois ese é un período sen actividade no seu ámbito.
Reactivación do sector
Ademais de pedirlle á Xunta que «axilice» unha nova e máis ambiciosa convocatoria de axudas, CCOO e Amproega tamén se dirixirán á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e ás a catro Deputacións para que, no ámbito das súas competencias, promovan iniciativas que contribúan a poñer en marcha o sector.





















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



