Ribadeo, 27 de abril de 2021. A Concellaría de Ensino xunto con Educando en Familia organizan unha charla sobre o risco no uso das novas tecnoloxías e o acoso escolar dirixida ás familias de Ribadeo.Nesta sesión formativa, que terá lugar o vindeiro luns, 3 de maio, ás 10:30 horas no Teatro de Ribadeo, abordaranse contidos relacionados co bo uso, sen abuso, seguro e responsable das novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) por parte dos fillos/as e o acoso escolar.
A charla será impartida por formadores do corpo da Garda Civil.
Desde a Concellaría de Ensino sinalan que “actualmente existe unha crecente preocupación polo uso abusivo da internet, móbiles, redes sociais e videoxogos por parte dos nenos/as e adolescentes. As TIC desempeñan un papel fundamental na nosa sociedade actual, forman parte da nosa vida cotiá e inflúen no modo en que interactuamos e percibimos o noso contorno. Usadas de modo seguro e responsable, con bo senso, presentan innegables e múltiples vantaxes, pero un mal uso asóciase con problemas a nivel físico, académico, psicolóxico e social e con prácticas de risco”.
E subliñan que “o obxectivo desta charla é ofrecer ás familias recomendacións útiles sobre o uso que facemos e fan os nosos fillos e fillas das novas tecnoloxías é reflexionar sobre como podemos protexelos e educalos nun uso seguro e responsable das mesmas. Así mesmo, explicarase en qué consiste o acoso escolar e como se pode previr, axudando así aos nenos e nenas a poder detectalo e como superalo”.
Debido ás restricións actuais, o aforo será limitado.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



