Santiago de Compostela, 6 de marzo, 2021. A deputada do BNG defendeu hoxe na Comisión de Pesca demandar do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que a Dirección Xeral da Mariña Mercante recuperar os cursos de formación e seguridade para os traballadores do mar así como implementar a posibilidade da formación on line nos cursos completando a parte teórica on line cunha parte práctica presencial.
A proposta do BNG, aprobada por unanimidade, tamén insta á Xunta a crear unha unha plataforma dixital para facilitar o acceso á programación da formación non regrada dos seus centros de ensino.
Na defensa da iniciativa, a deputada explicou que o Convenio Internacional sobre normas de formación e titulación para tripulantes, foi aprobado en 1978 pola Organización Marítima Internacional (OMI), co obxectivo de dotar aos traballadores do mar dunha “competencia de profesionalidade no desempeño das súas funcións con garantías de seguridade na navegación”.
Dende a entrada en vigor das “emendas de Manila”, engadiu a nacionalista, introdúcense cambios importantes no Convenio, como a “obrigatoriedade da actualización de certificados de especialidade: Formación básica en seguridade, loita contra incendios, embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos, etc”.
Dende o ano 2017, os traballadores do mar deben realizar cursos de reciclaxe para a “revalidación dos certificados de especialidade” obrigatorios para desempeñar calquera actividade profesional a bordo dun buque.
Os cursos son obrigatorios pero a oferta de cursos subvencionados, criticou a deputada do BNG, “é insuficiente e agravada aínda máis polas restricións da COVID” e alta demanda para optar a unha praza conleva pre-matrículas cun ano de antelación”.
Esta situación, afirmou Rosana Pérez, obriga a pagar o curso nun centro privado, “entre 150 e 300 euros para actualizar os certificados e entre 400 e 600 a súa expedición”.
Con certificados caducados non se permite embarcar
A maiores, explicou, en moitos casos só queda recorrer aos centros de formación privados para facer coincidir os descansos das tripulacións coas datas dos cursos ofertados porque “con certificados caducados non se pode embarcar”, circunstancia que obriga aos mariñeiros a renunciar a unha marea, é dicir, entre 15 e 30 días sen actividade e cun grande prexuízo económico. Ademais, engadiu a nacionalista. Por outra parte, “un vez superado o curso, debe ser solicitada a homologación do título en Mariña Mercante e pagar as taxas correspondentes”.
No caso concreto do certificado de Formación Sanitaria Específica, remarcou, se non é revalidalo é necesario realizar o curso completo cunha duración de cinco días fronte a dous e cun prezo que pasa de 300 a 600 euros. Ademais, “perderían a antigüidade nas listas de actualización e entrarían no último posto das listas para o curso de expedición”.
En opinión da nacionalista, as persoas que traballan no mar teñen restrinxido o acceso a unha formación que se lles esixe obrigatoria pola falta de adaptación do sistema formativo ás condicións específicas da profesión e á unha “evidente desidia e desinterese da administración para resolver este problema”
Dende o BNG propoñemos que a Xunta demande ao goberno do Estado facilitar, a través do ISM e outras institucións, a realización dos cursos de mantemento da competencia dirixidos á renovación ou obtención do certificado de suficiencia, garantindo os cursos nun centro público e de maneira gratuíta para evitar acudir ás empresas privadas e cun custe inasumible para moitos traballadores do mar.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



