Viveiro, 26 de abril, 2021. É necesario e urxente e así, unha vez máis, o BNG demanda do goberno de Viveiro e do goberno galego unha solución definitiva desde as administracións públicas para dotar de conexión a internet de banda larga ás zonas do rural do noso concello para reducir a fenda dixital existente entre a nosa veciñanza por motivos de residencia, ofrecerlles así mellores servizos e dotala de ferramentas tecnolóxicas, que ademais vai contribuír a xerar oportunidades de novos negocios facendo máis competitivo o sector agrogandeiro e forestal do noso concello, atraendo á mocidade cara o seu asentamento no rural e facendo ao mesmo tempo fronte á grave problemática que ten o concello para xerar emprego local, por un lado, e polo outro, o problema de envellecemento e despoamento das nosas parroquias rurais.
E por todo isto rogamos que o goberno municipal desenvolva e informe das seguintes actuacións:
. Previsións do Goberno local para xestionar coa Xunta de Galiza e/ou coas operadoras de internet a dotación do servizo de internet, que deberá ter carácter universal, nos núcleos que carecen de alta velocidade e, concretamente, nas 50 zonas brancas, e outros núcleos aillados sen clasificar, que ficaron fóra das axudas á banda ancha ultrarrápida 2020 do goberno do estado, ao non haber ningún operador interesado.
. Comprobación da relación definitiva das zonas do municipio de Viveiro, clasificadas pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, como brancas e grises de cobertura de redes de banda ancha de nova xeración (redes NGA), ao obxecto de identificar e clasificar correctamente todas as zonas de Viveiro sen cobertura de banda ancha para solicitar á Secretaría do Estado a actualización do mapa de zonas brancas, grises e negras de Viveiro, incorporando as modificacións de clasificación das zonas erroneamente clasificadas e non comunicadas durante a consulta pública do 2020 feita polo goberno do estado.
. Informe con detalle sobre o Plan de despregue e calendario de actuacións en Viveiro do proxecto empresarial de Adamo Telecom Iberia, SA financiado con 5.853.870 euros do Programa de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración 2020 do Ministerio de Asuntos económicos e Transformación Dixital.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



