Foz, 20 de abril de 2021. Un dos mellores indicadores da calidade dos gobernos é a súa capacidade para conformar, debater e aprobar en tempo e forma os orzamentos municipais. Seguindo este criterio, o goberno local presidido por Fran Cajoto ten imposible entrar no grupo dos mellores, porque a estas alturas do ano aínda nada se sabe na oposición do proxecto das grandes contas municipais para o actual exercicio, camiño xa do mes de maio. O portavoz popular, Javier Castiñeira, denuncia a “parsimonia” do equipo de goberno Foz e reclama o inicio do debate do orzamento, así como un plan de emprego para o verán e a contratación de socorristas, canto antes.
Castiñeira sinala: “Desgraciadamente dende o grupo municipal do PP temos que denunciar a parsimonia do bipartito focense, do goberno PSOE-BNG, que é o goberno máis amplo que nunca tivo este concello, con dez concelleiros, dúas dedicacións a cargo do propio concello, máis unha que financia a Deputación, e seguimos sen orzamentos municipais”. Engade: “Pasado xa o primeiro trimestre, con orzamentos prorrogados, non son capaces, nun ano tan extraordinario como é o 2021, de aprobar o presuposto, a pesar de que que a actividade produtiva do municipio depende en grande medida da xestión do equipo de goberno; non son boas noticias. Pedimos ao goberno municipal, ao alcalde señor Cajoto, que se espila e leve os orzamentos canto antes ao pleno e, sobre todo, que os consensúe, que faga xuntas de portavoces e escoite as opinións de todos os grupos, de maneira que a oposición poida aportar. O PP está absolutamente disposto a colaborar e aportar ideas”.
O portavoz popular destaca que neste ano, extraordinario pola covid, non houbo axudas municipais para os comerciantes, “non houbo as axudas directas que necesitaban comerciantes e hostaleiros”. Castiñeira aclara que “a actividade se limitou a cousas moi simples; agora debemos preparar canto antes este verán”. E nos meses de verán, o Concello “non debería pasar por non ter un plan de emprego ambicioso, con máis de 200.000 euros, para traballar en adecentar a cidade e dar un servicio mellor en canto a limpeza viaria e de recollida de lixo, así como de limpeza de praias”. Puntualiza que “é necesario un plan de verán como se fixo na última parte do goberno popular”.
Castiñeira deixa claro que no grupo municipal do PP están “a disposición do equipo de goberno para falar dos orzamentos municipais; hai que facelo xa, porque entre aprobalos e publicalos xa chega o verán, especialmente de cara ao plan de emprego, porque aínda haberá que convocar as probas selectivas”. Ademais -di- “é moi importante a disposición de socorristas; non podemos estar esperando a ver que nos dan, temos que anticiparnos e poñer riba da mesa prazas de socorristas, para telas convocadas antes de que empece o verán”.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



