Xermade, 8 de abril de 2021. O Grupo do PP interesarase no pleno que a corporación municipal de Xermade celebra este xoves polo abastecemento de auga no municipio porque “presenta deficiencias a miúdo e situacións de perigo sanitario por unha falta de mantemento nas instalacións, mananciais, traídas, depósitos e fase de tratamento”, segundo manifestan.
O voceiro popular local, Antonio Riveira, sinala que “a auga de consumo presenta tamén diferentes sabores e olores de forma periódica debido á falta de tratamento nalgunhas ocasións e ao exceso de claro noutros momentos”. Outro exemplo recente é o de Roupar onde “fai uns días os veciños se preguntaban pola orixe do líquido branquecino que saía polos grifos de consumo domiciliarios”.
Preguntas
Os populares preguntarán polas actuacións realizadas polo goberno local para manter, mellorar e ampliar as instalacións. Concretamente, dende o Grupo Municipal do PP interésanse por saber se o alcalde ten coñecemento das deficiencias de calidade sanitaria nas traídas municipais, se hai orzamentadas ou previstas actuacións para a mellora do abastecemento e se está previsto algún protocolo para o control máis continuo da auga dos abastecementos e de aviso aos consumidores.























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



