Viveiro, 16 de abril de 2021. O Grupo Popular volverá a reclamar, a través dunha iniciativa no Parlamento de Galicia, a cesión gratuíta do antigo colexio de Celeiro, hoxe propiedade do Ministerio da Seguridade Social, para facer posible o traslado a este inmoble da escola oficial de idiomas. De materializarse esta mudanza permitiría, a súa vez, que a asociación Aspanane aproveitase os locais que deixa baleiros o centro de idiomas para crear a primeira residencia da comarca destinada a persoas con discapacidade intelectual.
O deputado popular, José Manuel Balseiro e o voceiro municipal do Partido Popular, Óscar Rodríguez, acompañados de directivos desta asociación, presentaron a iniciativa parlamentaria nas portas do vello colexio e insistiron nas vantaxes dunha dobre operación “de interese público e social” para a que xa contan co apoio explícito da Xunta de Galicia, do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.
“Conseguiríamos evitar o deterioro do vello colexio e recuperalo para usos educativos. Manteríamos a escola de idiomas en Celeiro, nunhas instalacións máis amplas e renovadas e, o que aínda é máis importante, cumpriríamos o soño de moitas familias que agardan que os seus fillos, da man de Aspanane, estean atendidos nunha nova residencia, nas mellores condicións e xusto ao carón do actual centro ocupacional”- explicou Balseiro.
Solo compra
Os populares reiteran esta petición despois de que a Xunta recibise a negativa por parte da administración central a facer unha cesión gratuíta do vello colexio, todo iso, a pesar de que na actualidade está pechado e sen uso. O Ministerio non está pola labor de facer esa transferencia e só permitiría unha venda do inmoble, “isto é, unha cesión con interese lucrativo”.
Desde o PP apuntan, unha vez máis, que non están a pedir nada que non se fixera en situacións similares e, en concreto, lembran que a Seguridade Social cedeu a título gratuíto inmobles sen uso como é o caso das casas do mar de Viveiro, San Ciprián, O Vicedo ou Foz, por poñer algúns exemplos de localidades próximas.
Todas as administracións fan concesións, excepto o Ministerio
Balseiro lembrou que todas as administracións “excepto o Ministerio” están dispostas a facer concesións para materializar este proxecto. A Xunta, por exemplo, renunciaría ao uso das instalacións nas que está emprazada a escola de idiomas, a pesar de que a concesión está vixente ata 2075, e estaría disposta a financiar a obra de acondicionamento do antigo colexio de Celeiro, un custe que se repartirían a partes iguais a administración autonómica, local e provincial.
Ademais o Goberno galego continua comprometido co sostemento da escola de idiomas, o seu persoal e recursos, para que os que destina anualmente entorno a 600.000 euros e, por outra banda, garante a continuidade do apoio a Aspanane, grazas ao concerto de prazas e o respaldo a moitas das actividades desta asociación.
Acordo unánime e feitos
Os populares agardan contar coa unanimidade do resto das forzas políticas do Parlamento galego, apoio que xa obtiveron en novembro do ano pasado, na primeira ocasión na que foi debatida esta cuestión na Cámara galega. Iso si, consideran imprescindible “pasar das palabras aos feitos” e que desta vez, especialmente o PSOE, obrigue aos responsables do Ministerio “a rectificar a súa postura intransixente e atender esta petición”.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



