Viveiro, 30 de abril de 2021. O Concello de Viveiro lembra aos seus veciños e veciñas que poden beneficiarse do programa Xantar na Casa, unha iniciativa de vital importancia da que o municipio forma parte dende o ano 2010, segundo precisa Victoria Baamonde, concelleira de Benestar Social.
Este programa consiste nun servizo de comida a domicilio para facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús. Actualmente, 12 familias benefícianse deste servizo en Viveiro.
Entre os seus obxectivos atópanse:
1. Proporcionar aos usuarios/as unha alimentación de calidade e adecuada ás súas necesidades, atendendo os casos de forma individualizada.
2. Evitar a deterioración da calidade de vida das persoas maiores e/ou en situación de dependencia ou exclusión social, debido a unha dieta inadecuada.
3. Posibilitar a permanencia no domicilio e retardar ao máximo a institucionalización, como desexo e preferencia das persoas adscritas ao programa.
4. Previr situacións de risco doméstico que se poden producir no proceso de preparación e elaboración da comida.
5. Facilitar o respiro ás familias e aos/as coidadores/as, como medida de apoio á conciliación da vida familiar e laboral, principalmente das mulleres.
6. Facer un seguimento e acompañamento individualizado de cada usuario/a do servizo por parte dos/as profesionais que acoden a facer a repartición no domicilio.
Este programa está aberto ás persoas empadroadas e residentes no Concello de Viveiro que presenten a solicitude no Departamento de Servizos Sociais e que cumpran algún dos seguintes requisitos:
Persoas maiores de 60 anos, que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal, e sen rede de apoio que poida suplir tal situación.
Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e requiren de axuda para a preparación de alimentos.
Persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos Servizos Sociais do Concello.
Os xantares entréganse nun único día á semana aos usuarios/as, que recibirán no seu domicilio sete bandexas diferentes co xantar para cada día da semana. A distribución realízase en recipientes adaptados e o menú incluirá primeiro prato, segundo prato e sobremesa.
Os menús son completos e equilibrados, variados e adaptables ás necesidades das persoas usuarias, así como á gastronomía local e á época do ano. As persoas beneficiarias do programa poderán ter acceso a calquera tipo de dieta, a condición de que esta veña pautada polo seu médico.
As dietas básicas do programa son: saudable ou normal, de réxime (baixa en graxas, hiposódica, diabética de fácil mastigación e de fácil mastigación.
Estas dietas son xenéricas, aínda que nos casos de necesidades alimenticias máis concretas poderán ser dietas personalizadas, sempre segundo pauta médica. Existen ademais dietas especiais como poden ser para persoas usuarias de “sintrom” e celíacos, entre outras.
As persoas interesadas neste servizo deberán presentar a súa solicitude no Departamento de Servizos Sociais, que solicitará a documentación que considere pertinente para a súa correcta valoración: DNI, modelo de informe médico cuberto, domiciliación bancaria cuberta, firmada e selada pola entidade e solicitudes asinadas.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar e pedir cita coa oficina de Servizos Sociais no teléfono de contacto: 982550421.






















Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.



