Burela, 23 de abril, 2021. O Pescados Rubén Burela FS defenderá o seu dobrete de Copa de S.M. da Raíña estreando a final a 8 de Las Rozas con arrecendo irmandiño, co Ourense Envialia como o primeiro obstáculo, o venres 30, en cuartos. Así o decidiu esta mañá o sorteo puro celebrado na Cidade do Fútbol de Las Rozas, nun acto que contou coa presenza da seleccionadora nacional, Clàudia Pons, e a colexiada Sara Gutiérrez.
Ourensás e burelistas, que se miden mañá na xornada 5 da segunda fase de liga (Vista Alegre, 19.00 horas, TVG2), convertéronse nas dúas últimas protagonistas do acto, sendo as últimas bólas en saír. AE Penya Esplugues-Melilla Sport Capital Torreblanca, AD Alcorcón FS-Universidad de Alicante e Bodegas Sommos Intersala Promesas-Futsi Atlético Navalcarnero forman o resto dos emparellamentos.
Os partidos de cuartos de final xogaranse o venres 30 de abril. As semifinais fixaranse o sábado 1 de maio, mentres que o domingo día 2 queda reservado para o partido decisivo.
Os afeccionados poderán seguir todos os partidos da competición por Teledeporte, xa sexan televisados ou a través da páxina web de RTVE.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



