Alfoz, 23 de abril de 2021. Os concelleiros do PP de Alfoz critican “a falta de interese total do goberno municipal por desenvolver políticas para favorecer o asentamento da poboación no noso concello, ao rexeitar todas as propostas plantexadas polos populares no pleno. “Vemos como Alfoz vai perdendo poboación e os veciños que quedan teñen que afrontar a suba de taxas coas que manter as arcas municipais; pero, pola contra, o Concello non incrementa o investimento con fondos propios”. Así o manifestan trala celebración do pleno extraordinario deste venres no que o goberno local aprobou os orzamentos co voto en contra do PP.
O voceiro popular, Jacobo Geada, lamenta que “os veciños teñamos que pagar máis e o Concello invista menos en ofrecernos servizos ou mellorar infraestruturas municipais; senón que, pola contra, destina eses ingresos a subir o gasto de persoal debido á nova RPT que se converte na estrela do orzamento de Alfoz para este 2021”. De feito, “o goberno municipal priorizou a RPT á elaboración das contas que se aproban unha vez pasado un terzo do ano”.
O popular explicou que “botamos en falta políticas de dinamización do concello porque o que vemos son uns orzamentos de subsistencia e de mantemento”. Na mesma liña, os populares cren que “as contas municipais deberían recoller axudas para autónomos e empresas afectadas pola crise da covid-19 “investimentos novos porque os que recollen estas contas son os mesmos do ano anterior”.
Propostas do Grupo Municipal Popular
Jacobo Geada explica que “o goberno local rexeitou a proposta do Grupo Municipal Popular en relación á creación dun programa de axudas para manter a matriculación de estudantes no CEIP Plurilingüe Castro de Ouro incluíndo a partida correspondente nos orzamentos municipais do 2021. Os populares cren que é necesario aplicar algún tipo de incentivos para manter a matriculación no colexio e, do mesmo xeito, loitar contra o despoboamento porque “o colexio do municipio é un servizo fundamental para que as familias se instalen en Alfoz”.
Ademais desta, o Grupo Municipal Popular presentou outra emenda aos orzamentos municipais do 2021 de cara á creación dun plan de conservación e mantemento de espazos públicos e espazos verdes do municipio. O portavoz, Jacobo Geada, explicou que “o Concello debe atender a estes espazos para que os veciños poidan usar estas zonas ao aire libre e, ao mesmo, ofrecer unha boa imaxe de cara aos nosos visitantes”. Así, reclama un plan que estableza como e cando se deben facer os traballos de mantemento e que permita, polo tanto, facer máis eficiente o acondicionamento das zonas verdes.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



