Lugo, 9 de abril de 2021. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o programa Saborea a túa provincia, unha das medida recollidas no Plan de Impulso da Economía que impulsa a institución provincial cun investimento de 7M€, practicamente o 8% do seu orzamento, para contribuír a paliar o impacto da pandemia con accións de apoio, promoción e incentivo do consumo dos sectores máis afectados polas restricións sanitarias, sobre todo a hostalería, o turismo e o comercio.
Así o informou hoxe o Presidente, José Tomé Roca, que compareceu acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. Tomé Roca explicou que o programa Saborea a túa provincia ten como obxectivo “promocionar e incentivar o consumo dos produtos de calidade da provincia de Lugo e, desta forma, contribuír a apoiar e a reactivar a actividade da hostalería, do turismo e do pequeno comercio da nosa provincia”.
Para elo, organizaranse xornadas gastronómicas e lúdicas por toda a provincia, cada fin de semana, na que cociñeiros e cociñeiras lucenses colaborarán con establecementos locais para ofrecer pratos con produtos típicos de cada zona. Ademais, haberá actividades para todos os públicos.
Sempre que as condicións sanitarias o permitan, o programa Saborea a túa Provincia desenvolverase no mes de agosto, durante o que terán lugar 9 xornadas gastronómicas e lúdicas noutros tantos puntos diferentes de toda a provincia, alternando zonas de costa e de interior.
Cada unha das xornadas de Saborea a túa provincia contarán con catro espazos diferenciados: un para concertos, charlas e conferencias; demostracións culinarias, escaparate de promoción de produtos e degustación.
Entre os obxectivos do programa, subliñou o Presidente, está “contribuír á recuperación da hostalería e do turismo; favorecer a reconstrución do tecido empresarial; dar visibilidade aos diferentes destinos turísticos; sensibilizar sobre o potencial turístico dos 67 concellos da provincia; e dar confianza aos visitantes”.
Lugo Termal
A Xunta de Goberno aprobou a licitación da execución do programa Lugo Termal, outra das medidas recollidas no Plan de Impulso da Economía da Provincia e que a Deputación de Lugo decidiu ampliar este ano co obxectivo de aumentar o seu beneficio directo nos balnearios da provincia –en Lugo, Pambre e Pantón-. Asi, o rango de idade das persoas que poderán gozar destes bonos será maior este ano, de modo que poidan facelo veciños e veciñas da provincia a partir dos 50 anos, e cun acompañante que non teña necesariamente esa idade.
Lugo Termal está dirixido a favorecer o benestar social e a dinamizar a economía ofrecendo descontos aos veciños e veciñas para facilitarlles o acceso ós balnearios e recibir terapias mineiromedinais. O programa que ten un orzamento de 60.500€ e o contrato é por un ano, con posibilidade de dúas prórrogas anuais máis, o que “dá estabilidade e previsión ó sector porque sabe que nos vindeiros anos vai ter este apoio por parte da Deputación de Lugo”, destacou o Presidente.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



