Lugo, 26 de abril de 2021. Técnicos do programa LIFE In Common Land, liderado pola Deputación de Lugo e no que colaboran as universidades de Santiago (USC) e da Coruña (UDC) para a conservación dos hábitats e aproveitamento sostible da riqueza ambiental da Serra do Xistral, concienciaron aos escolares do CEIP Santa Rita de Viveiro sobre a necesidade de coidar este espazo protexido de alto valor ambiental.
Os responsables da USC que traballan no LIFE impartiron aos rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria do centro viveirense varias actividades co obxectivo de coñecer a importancia da conservación dos hábitats naturais do Xistral. O alumnado tamén recibiu un pequeno kit, para levar a cabo as súas primeiras investigacións sobre o terreo, consistente nun caderno, un bolígrafo, unha mochila, uns prismáticos, unha cunca e unha lanterna.
Está previsto que esta actividade, que xa tivo lugar noutros centros da provincia, se poida levar a cabo noutros colexios a medida que mellore a situación sanitaria. Estes obradoiros pretenden poñer en valor e dar a coñecer aos máis cativos os labores que se están a realizar no marco do LIFE In Common Land dun xeito entretido e dinámico.
Life in Common Land é un proxecto que xurde co propósito de mellorar e traballar nas ameazas que afectan aos hábitats do Xistral, como son as alteracións na composición do paisaxe, a degradación dos hábitats pola actividade humana ou o cambio climático.
A Deputación de Lugo, que lidera este programa que conta con fondos europeos, trata de conservar e xestionar os hábitats que forman parte da Serra do Xistral e construír espazos de colaboración orientados ao desenvolvemento medioambiental e socioeconómico da zona montañosa norte da provincia.
























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



