Viveiro, 21 de maio, 2021. A Rede europea de celebracións de Semana Santa e Pascua, creada para a consecución do I itinerario Cultural Europeo de Celebracións de Semana Santa e Pascua, da que forma parte o Concello de Viveiro e polo tanto a Semana Santa, organizou o primeiro Encontro de Confrarías e Irmandades a nivel internacional, para os días 20 e 21 de maio, co obxectivo de poñer en común, dialogar e debater sobre algúns aspectos das celebracións de Semana Santa e Pascua, así como sementar novas bases para afrontar, dunha maneira colaborativa, o futuro das nosas tradicións, a súa conservación e sustentabilidade no tempo.
A Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua é unha organización que traballa pola difusión das tradicións vinculadas coa Semana Santa e Pascua, salvagardando deste xeito o seu rico patrimonio.
O seu obxectivo fundamental é contribuír a un mellor coñecemento dos valores deste extenso legado, vivo nunha gran parte de Europa. Un legado que combina notables diferenzas locais, coa súa ampla difusión como elemento común de moitas rexións.
As comunidades portadoras articuladas a través das Irmandades e Confrarías son unha peza crave que mostra o gran transfondo e riqueza social que manteñen vivas estas tradicións, co obxectivo de crear unha rede colaborativa que propicie o intercambio, o diálogo e a cooperación.
Para iso organizouse un Encontro en liña de Irmandades e Confrarías co obxectivo de xerar un foro de encontro no que abordar, entre todos, a realidade e os desafíos que garantan a continuidade no tempo das nosas celebracións.
A inauguración do evento foi da man da Presidenta da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, Rosario Andújar Torrexón, que será tamén a encargada da súa clausura. Este primeiro encontro está moderado polo coordinador do comité científico da rede, Julio Grande Ibarra.
Na primeira mesa redonda, que versou sobre as Necesidades para o desenvolvemento e continuidade das celebracións de Semana Santa e Pascua desde a perspectiva das Confrarías e Irmandades, estivo presente Viveiro, a través da súa Semana Santa. O moderador foi Antonio Luís Galiano, cronista da Cidade de Orihuela (Alacante). Participaron na mesma José Veiga Golpe, presidente Xunta de Confrarías de Semana Santa de Viveiro; Gonzalo Montoya Alcocer, presidente da Gloriosa Confraría do Stmo. Sacramento e María Inmaculada de Orihuela; Alessandro Barrafranca, de Associazione Giovedì Santo–Museo delle Vare, Caltanisetta, Sicilia (Italia); Bernardo Reis, provedor da Santa Casa da Misericórdia de Braga (Portugal); e, Francisco José Heredia, secretario Consello de irmandades de Alcalá la Real, Jaén.
Enriba da mesa puxéronse de manifesto temas moi importantes para o futuro das celebracións de Semana Santa a través das Confrarías e Irmandades en aspectos importantísimos e fundamentais como son: a substitución xeracional, as tradicións, implicación xuvenil, ou a Semana Santa na actualidade con motivo da pandemia do covid 19 a través das redes sociais, (levar a Semana Santa aos fogares).
O presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, José Veiga debullou os puntos tratados desde a óptica da propia idiosincrasia da Semana Santa vivariense, destacando os actos do Encontro ou o Desencravo como esencia.
Na segunda mesa o tema para debater foi sobre Vantaxes e inconvenientes do turismo ao redor das celebracións e tradicións relixiosas. A moderadora foi Pilar Panero, Profesora da Universidade de Valladolid, participando Gerlando Taibi, Gran Cerimoniere Real Maestranza dei Caltanisetta, Sicilia (Italia); Noel Castelo, Vittoriosa Holy Crucifix confraternity and Managing Director of a Tourism promotion agency, Birgu (Malta); Antonio Candil, secretario da agrupación Xeral de Irmandades e confrarías de Priego de Córdoba; e Juan Andrés Ibáñez Vilches, Director do Museo de Bordados Paso Blanco, Lorca.
Para a tarde do venres quedaron dúas mesas que trataron sobre Confrarías e Semana Santa: o papel de irmandades e confrarías no impulso e xestión dos museos de Semana Santa. Moderada por Francisco Javier Gómez, Co-fundador do Museo de Arte Sacra da Hdad. Do Bo Fin de Cabra (Córdoba). Os participantes foron: José Sáez Sironi, presidente da Xunta Maior de Confrarías, Irmandades e Mayordomías da Semana Santa de Orihuela. Director do Museo da Semana Santa de Orihuela; a Dra. Concetta Cataldo. Associazione Teatro della Parola, Caltanisetta, Sicilia (Italia); Rafael Sánchez, Irmán Maior da Irmandade da Columna. Lucena, Córdoba; Diana Murcia Guilabert, directora do Museo Azul da Semana Santa (Mass), Lorca.
E pechouse o ciclo coa mesa sobre o Traballo en rede. Cara un marco colaborativo internacional entre irmandades e confrarías . O moderador: Julio Grande, Coordinador de Comité científico da Rede europea de celebracións de Semana Santa e Pascua Joze Stukl. Brotherhoods and Confraternities of the Š kofja Loka Passion Play, Slovenia; Rafael Benjumea, Confrade e Comentarista de Écija, Sevilla.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


