Foz, 31 de maio de 2021. No pasado pleno do mes de maio o BNG de Foz presentou duas propostas, as únicas do pleno. As duas foron aprobadas por unanimidade.
A primeira facía mención ao debate sobre o repagamento mediante peaxe das autovías de titularidade estatal. Unha proposta xa plantexada po lo PP cando gobernaba e que agora na oposición rexeita. Unha medida de carácter regresivo e cun impacto negativo que tería para as persoas usuarias das autovías, para a seguridade viaria e para a competitividade das nosas empresas. Por riba o Ministerio xa planificou tarifas, incluso para autovías proxectadas pero aínda non iniciadas, como é o caso da A-74 Barreiros–San Cibrao, a autovía eternamente prometida á comarca da Mariña, unha comarca que sufre ano tras ano incumprimentos reiterados en materia de infraestruturas, independentemente de que estas sexan responsabilidade do Estado ou da Xunta (segue ainda o corredor cantábrico prometido e asegurado por Nuñez Feijoo en estado de hibernación), ademais do agravio do Fiouco na A-8.
A segunda proposta foi para a mellora do mantemento das zonas anexas aos camiños de ferro do noso concello. Como poden comprobar os usuarios e preciso o eliminado da vexetación na plataforma e o entorno dos case 15 kilómetros de vía xestionados po lo ADIF no Concello de Foz para mellorar a imaxe, e especialmente previr incendios forestais como xa se teñen producido noutros puntos da rede ferroviaria de Galiza, e mesmo mellorar a seguridade ferroviaria.
Ambas propostas acadaron a aprobación por unanimidade dos catro grupos do pleno de Foz.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



