Lugo, 10 de maio de 2021. O deputado lucense José Manuel Balseiro interésase no Parlamento de Galicia por coñecer cal é a ampliación da dotación orzamentaria prevista para fomentar a inclusión laboral das persoas con discapacidade a través dos centros especiais de emprego. Así mesmo, a pregunta rexistrada polos membros do Grupo Popular para a súa resposta oral en Pleno pretende dar a coñecer tamén cantas persoas se poderán beneficiar destes programas do Goberno galego.
Balseiro explica que “a Convención sobre os Dereitos das persoas con discapacidade establece a obriga dos Estados Partes de promover e protexer os dereitos destas persoas, incluídos os laborais. E, neste sentido, cabe destacar o artigo 27 “traballo e emprego”, que afonda no deber dos poderes públicos de xerar oportunidades de emprego e de promoción profesional para as persoas con discapacidade no mercado laboral”.
Por outra banda, a Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, recolle como un tipo de emprego, o protexido, regulado a través do artigo 43 relativo aos centros especiais de emprego.
Ampliación de orzamento para axudar aos centros especiais de emprego
O deputado popular lembra que “a Xunta de Galicia publicou a ampliación do orzamento para a concesión de axudas destinadas a apoiar aos centros especiais de emprego que hai na Comunidade co obxectivo de fomentar un emprego para todos, como verdadeira ferramenta de inclusión social”.
Esta convocatoria inclúe tres programas que perseguen apoiar a creación, ampliación, continuidade e adaptación dos postos de traballo, así como o mantemento do custo salarial dos seus traballadores e a contratación de unidades de apoio.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



