Lugo, 8 de maio de 2021. A máxima dirixente do PP da provincia de Lugo, Elena Candia, impulsou a celebración dunha reunión cos alcaldes, portavoces e outros representantes populares co obxectivo de “darlles a coñecer de primeira man as actuacións da Xunta en relación a un dos sectores con gran implantación na provincia, o eólico”. Con esta nova reunión de traballo dáse continuidade aos encontros que está a manter a presidenta cos distintos representantes do PP da provincia de Lugo que son “os enlaces para trasladar as necesidades dos veciños ás institucións onde o Partido Popular temos responsabilidades de goberno”. Nese sentido, agradeceu a participación do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, o lucense Francisco Conde, que deu resposta á invitación para trasladar “a máxima colaboración da Xunta cos Concellos en materia eólica”.
Os dirixentes populares manifestaron que “o obxectivo do Goberno galego é o de buscar o equilibrio entre o desenvolvemento industrial e o respecto ao medio ambiente”. Os tamén deputados no Parlamento de Galicia recordaron, así mesmo, que a aprobación na Cámara galega da Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia “garante que o desenvolvemento do sector eólico en Galicia se fai de xeito ordenado e cumprindo con todos os principios”. Así, lembrou que por exemplo, dentro do marco normativo actual, non se poden desenvolver parques eólicos en Rede Natura.
Conde incidiu, ademais, en que “a Xunta aposta polas enerxías renovables e, en concreto, polo sector eólico”. Tendo en conta que “imos camiño dunha economía máis verde e sustentable; o compromiso coas enerxías limpas e alternativas ten que ser total porque dese compromiso vai depender a competitividade da nosa industria e a reactivación da nosa economía”, dixo.
O conselleiro aclarou tamén que “o procedemento de autorización dun parque eólico que depende da Xunta conta con todas as garantías xurídicas, técnicas e ambientais”. Ademais, a documentación dos parques que se tramitan exponse publicamente polo que se garante a transparencia para a cidadanía que pode presentar as alegacións que considere oportunas.
Información aos Concellos e desenvolvemento ordenado
O vicepresidente económico defendeu que “é fundamental o contacto directo e fluído cos alcaldes”. Nese sentido, dentro deste marco de máxima transparencia e colaboración, a Xunta vén de crear unha rede de información provincial para achegar aos Concellos da provincia de Lugo, antes de proceder á exposición pública dos proxectos, a información dispoñible e o estudo de impacto ambiental; sen prexuízo das propostas e consideracións que este organismo, así como calquera outra persoa ou entidade da zona, poida presentar no trámite de exposición pública ordinario.
Conde gabou a Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia porque esixe o cumprimento de todas as garantías ambientais e de impacto territorial. Pero, ademais, “parte da base de que os parques eólicos teñen que beneficiar a todos” e “por iso somos unha das tres comunidades autónomas de España que conta cun canon eólico que reverte directamente nos concellos”, puntualizou.
Así mesmo, esta norma establece que non se poderán desenvolver parques eólicos fóra das áreas incluídas no Plan sectorial eólico de Galicia, a excepción de proxectos que teñan clara incidencia territorial pola súa entidade económica e social e posúan unha función vertebradora no territorio.
Neste sentido, informou que a Xunta de Galicia xa emitiu un informe negativo de catro proxectos eólicos que tramita o Goberno central a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e que se instalarían en cinco concellos da provincia de Lugo. En concreto, trátase dos proxectos de Boura (Abadín), Ventisca (Baleira), Borrasca (Mondoñedo) e Levante (As Nogais e Triacastela).






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



