
A Xunta de Goberno deste venres, segundo informou José Tomé, aprobou desenvolver o programa Coñece a túa provincia, e licitar un contrato para a súa execución durante este ano e o vindeiro, con opción de prórroga por outro ano máis, por un importe total que supera os 300.000€.
O Presidente explicou que esta nova iniciativa de Deputación está dirixida a entidades sen ánimo de lucro de toda a provincia, e consiste en viaxes gratuítas en pequenos grupos, dunha xornada de duración, por distintos puntos da xeografía lucense, seguindo diversas rutas.
O prazo de solicitude abrirse en xullo
Segundo avanzou o mandatario provincial, o prazo para que as asociacións e colectivos poidan inscribirse e solicitar praza comezará no mes de xullo e as viaxes empezarán na segunda quincena de setembro e continuarán ata novembro. No ano 2022, as viaxes desenvolveranse na primavera (entre marzo e xuño), e no outono (entre os meses de setembro e novembro).
En todo caso, a Deputación informará puntualmente a través dos medios de comunicación, da páxina web da institución e das redes sociais sobre os prazos para poder anotarse.
4.300 prazas en 37 itinerarios
En total, entre este ano e o próximo, Coñece a túa provincia ofrecerá preto de 4.300 prazas. As viaxes terán lugar de luns a venres, e contarán con guías profesionais de turismo. As asociacións poderán elixir entre un total de 37 itinerarios polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico de toda a provincia de Lugo.
Destes 37 itinerarios:
8 son pola comarca da Mariña, que inclúen lugares naturais como o Fuciño do Porco, a Praia das Catedrais ou o litoral focense, pero tamén recursos patrimoniais como a fábrica de Sargadelos ou a Catedral de Mondoñedo.
10 rutas son pola Ribeira Sacra. Neste caso, as alternativas permiten visitar concellos como Monforte de Lemos, Portomarín, Sober ou A Pobra do Brollón, entre outros. Tamén se visitarán algunhas das igrexas incluídas na Ruta Transrománica, da que forma parte a Deputación de Lugo.
8 itinerarios pasan pola zona de Ancares-Courel, e achegarán aos participantes ás Terras de Burón e ó Camiño Francés na comarca de Sarria.
As 11 rutas restantes percorrerán as comarcas de Lugo e Terra Chá. As visitas inclúen lugares como o Castro de Amarante, a igrexa de Soutomerille ou o Castro de Viladonga, ademais do centro histórico da cidade de Lugo.
As viaxes do programa Coñece a túa provincia terán lugar sempre cumprindo coas medidas de prevención da Covid-19 decretadas polas autoridades sanitarias en cada momento.
O Presidente da Deputación subliñou que este programa “responde ao noso firme compromiso de apoiar aos sectores máis afectados pola pandemia, sobre todo, ó turismo, á hostalería e ó comercio local, pois as viaxes terán sen dúbida un impacto positivo neste tipo de negocios”. “Pero esta iniciativa que poñemos agora en marcha ten vocación de continuidade porque se axusto ao modelo de turismo polo que apostamos dende a Deputación de Lugo para favorecer o desenvolvemento socioeconómico da provincia: un turismo de calidade, sostible, non masificado, que pon en valor o patrimonio e que crea emprego, sobre todo no rural”, asegurou José Tomé.
Nova medida do Plan de Impulso da Economía
O mandatario provincial lembrou que Coñece a túa provincia súmase a outras medidas do Plan de Impulso da Economía da Provincia que xa ten en marcha a Deputación, como son os Bonos Impulso, descontos en establecementos comerciais que deixarán na provincia 1,5M€; o programa Actívate, que consiste en xornadas de turismo activo para toda a familia; Saborea a túa provincia, que consiste en xornadas gastronómicas e lúdicas que se celebrarán no mes de agosto; ou o programa Lugo Termal, ampliado para que poidan beneficiarse dos descontos nos tres balnearios que hoxe funcionan na provincia persoas de máis de 50 anos de idade.
Dende a Deputación de Lugo, explicou José Tomé, “estamos impulsando medidas importantes para axudar á recuperación da economía da provincia ante o impacto da Covid-19, e facémolo cos recursos económicos dos que dispoñemos porque hai que lembrar que, máis de un ano despois do inicio da crise sanitaria, as entidades locais non recibimos nin un só euro extra, mentres que as comunidades autónomas, no noso caso a Xunta de Galicia, si que recibiu xa cuantiosos fondos para facer fronte ós efectos da pandemia na sociedade e na economía”.
O Plan de Impulso da Economía da Provincia está dotado con 7M€, o 8% do Orzamento da Deputación. Este plan combina a inxección directa de recursos económicos con programas para a creación de valor engadido e a xeración dun efecto multiplicador na economía promovendo unha recuperación do tecido produtivo sostible no tempo, estable e eficaz. Conta con 10 medidas de apoio que contribúen a paliar o impacto da pandemia.
























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



