Viveiro, 21 de maio de 2021. O Concello de Viveiro anuncia que xa ten preparadas as bases da segunda liña de axudas ao comercio local, destinadas a paliar o impacto derivado da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no municipio.
Este 2º Plan de Reactivación Económica para os establecementos do tecido empresarial do municipio está incluido dentro do acordo da aprobación de Orzamentos para o exercicio 2021 do Concello de Viveiro. Dito acordo fora acadado entre o equipo de goberno do PSdG-PSOE e os concelleiros do Grupo Municipal de Por Viveiro.
As axudas impulsadas polo goberno local diríxense a autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresarias sen personalidade xurídica, radicadas no Concello de Viveiro (tendo tanto o domicilio fiscal como a propia actividade neste municipio).
As posibles beneficiarias deberían de ter unha baixada de facturación de, cando menos, o 50 % no exercicio 2020 respecto do exercicio 2019, ou, no caso de apertura no primeiro trimestre de 2020, unha baixada de facturación de cando menos o 50% nos sucesivos trimestres de 2020 respecto ao primeiro.
O importe destas axudas será de 850 € para cada establecemento beneficiario ata a finalización do orzamento previsto. Non se poderán acoller a esta liña de axudas os establecementos que foron beneficiarios nas axudas concedidas en 2020 polo Concello de Viveiro nin o sector da hostalería, que xa conta cun plan específico, para o que o Concello de Viveiro se adheriu ao Plan de Rescate II da Xunta de Galicia.
Tal e como se fixo coas axudas concedidas polo Concello de Viveiro no pasado ano, dende o goberno municipal remitirase o borrador das bases ás xestorías do municipio antes da súa publicación, para que poidan ter coñecemento do seu contido e ir recabando a documentación solicitada.
Nestes momentos, estase a realizar a tramitación necesaria para a súa aprobación, por parte da xunta de goberno local, en breve. Tras a súa aprobación, publicaranse e outorgarase un prazo para a presentación de solicitudes.
Lémbrase, como xa se indicou, que o Concello de Viveiro se adheriu ao segundo Plan de Rescate da Xunta de Galicia, no que se incluirá unha partida propia deste concello, para conceder unha axuda de 1.000 euros a cada local de hostelería beneficiado.
Ambas axudas, destinadas ao sector da hostalería e do comercio, inclúense no Plan de Reactivación Económica que o goberno local estableceu grazas ao acordo co grupo municipal Por Viveiro, cun importe total de 200.000 euros.























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



