
O rexedor ribadense contou que “finalizamos agora un longo e complexo traballo para a aprobación do Plan de Protección e Rehabilitación do Conxunto Histórico da vila de Ribadeo, ao que comunmente se lle chama PEPRICH. Temos que dicir que este casco vello estaba sendo rexido desde o ano 2004 a través dunha figura legal, o BIC, Ben de Interese Cultural, que supuxo daquela un punto de partida, pero que quedaba limitado tan só ás actuacións de rehabilitación de edificios existentes no casco vello. Isto era o que se facía ata agora. Facíase polo tanto imprescindible dar un paso firme, un paso ambicioso, para protexer, consolidar e impulsar o casco histórico”.
Suárez Barcia explicou que “despois dunha dilatada tramitación, que se iniciou arredor do ano 2010, na que interviñeron multitude de organismos sectoriais tanto da Xunta como do Estado, tales como Urbanismo, Costas, Telecomunicacións, Patrimonio, Facenda, Ordenación do Territorio, etc…, pero na que destacou por riba de todo a participación da veciñanza a través das exposicións públicas e alegacións, obtivemos agora como resultado un completo documento que propón a recuperación integral do ámbito, a protección dos valores ambientais e paisaxísticos do borde ao litoral e tamén a integración do espazo portuario no ámbito do conxunto histórico”.
O alcalde dixo que “este plan especial, que hoxe se vai ditaminar nunha comisión informativa que temos ás sete da tarde, establece como un dos obxectivos principais o de mellorar a imaxe do conxunto histórico preservando os valores existentes na actualidade e rematando tamén zonas inacabadas no tecido actual coa intención de convertelo nun entorno apetecible para as futuras xeracións. Polo tanto, a ordenación establecida garante a conservación e fortalece a identidade da vila, pero aposta tamén pola rehabilitación e preservación dos valores naturais e mantén a convivencia dos usos existentes no ámbito. Ademais incrementa as reservas de solo para dotacións locais en 1.500 metros cadrados de equipamentos, 4.700 metros cadrados de espazos libres e zonas verdes e un total de 166 prazas de aparcamento novas”.
Fernando Suárez subliñou que “tratamos de revitalizar o conxunto histórico desde o respecto e o coidado polas pegadas que o paso do tempo deixou tanto no burgo medieval como na atalaia como en cada recuncho do ámbito. Este PEPRICH conclúe o que xa ten Ribadeo, que conta afortunadamente cun moderno Plan Xeral de Ordenación do 2014, tamén conta cun Plan Especial da contorna das Catedrais do ano 2020 e agora contará cun Plan Especial do Conxunto Histórico do ano 2021, sendo un dos poucos concellos do país en ter todos os seus instrumentos urbanísticos creados e adaptados á legalidade vixente o que, sen dúbida, aporta unha grande seguridade xurídica ao tempo que establece claramente as normas e os procedementos do que se pode facer e do que non se pode facer”.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



