Mondoñedo, a 9 de maio de 2021. O Concello de Mondoñedo licita as obras da segunda fase do proxecto de aforro e eficiencia enerxética do alumeado público exterior do casco histórico. A adecuación prevista permitirá renovar 112 puntos de luz ao substituír as actuais luminarias por lámpadas LED máis eficientes nas rúas Rocha de Velez, dos Castros, Julia Pardo Montenegro, Alfonso VII, Pardo de Cela, Camiño Norte e na avenida As San Lucas. Tamén se substituirá o cadro de mando de Os Castros que subministra a estas rúas e se implementarán proteccións adaptadas á normativa vixente.
O goberno local destaca que “esta actuación continúa a favorecer o aforro na factura da luz ao implementar tecnoloxías máis eficientes”; xa que “o aforro enerxético estimado con esta actuación é dun 59%”. E, ao mesmo tempo que se diminúe o consumo de enerxía, redúcese a emisión de dióxido de carbono. Así mesmo, os membros do executivo local indican que “a mellora do alumeado público nas rúas do casco histórico mindoniense da cumprimento aos requirimentos de iluminación, calidade e confort visual regulamentarios”.
Mondoñedo capta fondos europeos
O proxecto, que recolle un custe previsto de 121.890,60 euros, conta co apoio do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) que concedeu ao Concello de Mondoñedo unha axuda dun máximo de 97.512,48 euros no marco do Programa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
O Concello de Mondoñedo volve captar, deste xeito, fondos procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, que xestiona o Ministerio de Transición Ecolóxica a través do IDAE. Xa lograra unha subvención do IDAE para a primeira fase do proxecto de mellora do alumeado público no entorno da Catedral e do Seminario de Mondoñedo cuxas obras se comezaron a executar a comezos do mes de marzo.
A administración local xa conseguira tamén o seu apoio para renovar o alumeado ornamental da Catedral e, previamente, lograra outra subvención do ente estatal para iniciar a renovación de puntos de luz no rural.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



