Madrid, 5 de maio de 2021. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anuncia que na próxima terza feira (día 11) defenderá unha Proposición Non de Lei na Comisión de Industria da cámara baixa para concretar un calendario para a intervención pública de Alcoa e evitar o fechamento da factoría e o despedimento de millares de traballadores e traballadoras. Ante a falta de solución no período previsto e o crecemento da incerteza entre o persoal de Alcoa, a organización nacionalista reclama ao Goberno español que se implique para evitar o desastre social e económico que suporía a desaparición da planta de aluminio para a comarca da Mariña e o conxunto da Galiza.
Néstor Rego lembra que o Congreso xa instou o Goberno no mes de outubro do pasado ano a intervir a planta -mesmo que fose temporalmente- para garantir a continuidade da actividade. Unha vez quer finalizou o período estabelecido para negociar coa empresa e posíbeis compradores sen que se producise unha solución, é máis necesaria do que nunca unha actuación decidida por parte das administracións públicas.
“Non achamos responsábel a actitude do Ministerio de Industria de pretender que a partir de agora sexa exclusivamente Alcoa e as empresas interesadas as que negocien, renunciando ao papel que lle corresponde, non só como mediador senón como administración que pode intervir a planta para asegurar unha solución definitiva”, sinala o deputado nacionalista, que exixe aos negociadores ministeriais transparencia e axilidade e acrecenta que a SEPI ten que xogar un papel fundamental neste proceso.
Rego, que mantivo unha reunión co Comité de Empresa e con representantes das auxiliares na pasada quinta feira (día 29) en San Cibrao, defende que tras a intervención pública “sería bon que a SEPI mantivese unha participación importante, no mínimo de 25%, na factoría para garantir un proxecto industrial solvente, estábel e con futuro; igual que debería facer o Goberno galego”.
O deputado do BNG trasladará á Comisión de Industria do Congreso a preocupación do persoal da planta e da veciñanza da Mariña pola prolongación da situación de provisionalidade sen que se albisque unha solución para reclamar o apoio das forzas políticas a unha resolución que force o Goberno a actuar. “Non é admisíbel que o Goberno español pretenda colocarse a un lado nesta situación. Fica claro que calquera solución de compra-venda ten que pasar pola SEPI e non se pode demorar máis. É preciso evitar que poida acontecer na Mariña o que pasou en AluIbérica”, sinala Rego.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



