Madrid, 22 de maio de 2021. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o deputado no Parlamento de Galiza, Daniel Castro, visitaron o Concello de Ribadeo onde se comprometeron a rexistrar iniciativas para a conexión directa da A-8 co centro urbano. Na cámara baixa, o deputado nacionalista reclama ao Goberno do Estado para realizar o proxecto construtivo de transformación e contar coa dotación orzamentaria precisa e resolver os problemas de tráfico.
A localidade de Ribadeo está delimitada por dúas estradas de gran importancia para a súa comunicación, a autovía do Cantábrico, A-8, e a estrada estatal de acceso ao Porto de Mirasol. Desde que se construíu a A-8 no ano 2004, a veciñanza de Ribadeo reclamou a creación dun acceso d esta vía ao centro da vila en dirección Galiza-Asturias, pois existen dous accesos desde a Autovía para os vehículos que chegan de Asturias, pero só un da Galiza.
Tras a xuntanza entre o equipo de goberno municipal de Ribadeo e os deputados do BNG no Congreso, Néstor Rego, e no Parlamento de Galiza, Daniel Castro, trouxo consigo o compromiso de rexistrar iniciativas na cámara baixa do Estado para que se comece o proxecto construtivo de transformación do enlace da A-8 co centro urbano. Por unha banda, insta o Goberno do Estado a levar a cabo, no marco das súas competencias e en coordinación co Concello de Ribadeo, as actuacións necesarias que permitan transformar o semienlace existente na A-8, nunha ligazón completa para dar servizo ao centro urbano.
“Nos últimos anos, Ribadeo mantivo un importante crecemento urbano, sobre todo debido ao seu interese turístico e por ser un destino preferente como segunda residencia vacacional e de fin de semana” lembra o deputado do BNG no Congreso. Este factor, sumado “á gran actividade comercial e de lecer que atrae un elevado número de persoas tanto do resto da comarca como de Asturias”, supón un notable incremento do tráfico nos accesos a esta localidade, especialmente nos períodos estivais e nos días non laborables.
A apertura da autovía do Cantábrico, a A-8, ao seu paso pola contorna desta vila, non liquidou as necesidades de conexión desta vía de alta capacidade coa localidade de Ribadeo. Tanto é así que en dirección a Asturias tan só existe unha saída, na localidade de Piñeira, sinalizada como saída Ribadeo Sur, saída situada a varios quilómetros do centro urbano de Ribadeo e de xeito evidente insuficiente non só pola súa distancia relativa do centro urbano senón tamén polo feito de que existe unha gran superficie nesa localización, o que converteu esta saída nun auténtico embude, coa consecuente conxestión de tráfico.
“É de gran importancia para as comunicacións e a mellora do tráfico, que se execute ese acceso central a Ribadeo e que conte cunhas características apropiadas para absorber o volume de tráfico de entrada e saída” apunta Rego. “Trátase, en definitiva, de construír un vial directo a Ribadeo que ademais de mellorar a circulación, sirva de comunicación e vertebración aos futuros desenvolvementos urbanísticos desta localidade” conclúe o deputado nacionalista.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



