Lugo, 22 de maio de 2021. O Grupo Socialista na Deputación de Lugo esixirá á Xunta o vindeiro martes, a través dunha moción no Pleno da Corporación provincial, que cumpra co pacto e o fondo de cooperación local. Demandan que respecte o Pacto Local, así como todos os acordos firmados coa FEGAMP e as entidades locais e que se elabore unha Lei autonómica de participación das entidades locais nos ingresos da Comunidade Autónoma.
O PSdeG reclama ademais que, “mentres esta Lei non se aproba, se incremente a contía do Fondo de Cooperación Local, que non medrou nos 12 anos de goberno de Feijóo, e que se suprima o actual sistema de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva que só favorece aos concellos do PP, e se adopte un sistema de reparto de fondos con criterios obxectivos semellante ao Plan Único da Deputación de Lugo”.
Na iniciativa rexistrada sinalan que “as políticas do Partido Popular caracterízanse polo desprezo ás administracións locais. Nestes anos, o goberno autonómico vén incumprindo dun xeito sistemático os acordos incluídos no Pacto Local, desatendendo as peticións da FEGAMP, ignorando as necesidades das facendas locais, e sobrecargando ós concellos con competencias impropias. Dáse o paradoxo de que a cidadanía reclama ós concellos servizos públicos que son competencia da Xunta”.
Cero euros para os concellos por parte da Xunta
Advirten ademais que o Goberno de Feijóo “segue sen traspasar aos concellos nin un euro dos máis de 1.100 millóns de fondos Covid transferidos pola UE e polo goberno do Estado. Polo tanto comprobamos que lonxe de apostar polas administracións locais, a Xunta de Galicia, nos seus orzamentos do 2021 reduciu nun 6,4% as transferencias directas ós concellos. Nun ano no que as facendas locais fixeron fronte non só ós gastos derivados da Covid, senón a un incremento de 17.000 novas solicitudes de axudas, que incrementaron o gasto dos servizos sociais municipais nuns 6 millóns de euros mensuais, segundo constatou a FEGAMP”.
Criterios partidistas
O PSdeG denuncia a política clientelar do PP. “Non é so que se reduzan as transferencias, é que se reparten con criterios partidistas, optando de xeito preferente polo réxime de concorrencia non competitiva. Estes procesos están dando unha imaxe bochornosa, como por exemplo co anuncio do DOG o pasado 28 de abril destinado á creación e mellora de infraestruturas nos concellos e na que se repartiron os 2,3 millóns de euros en 9 minutos e 43 segundos despois da medianoite do martes 9 de marzo tras anunciarse a convocatoria o luns 8”.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



