Mondoñedo, a 26 de maio de 2021. O Concello de Mondoñedo enviou o pasado 14 de abril o proxecto de reforma da praza da Catedral modificado, unha vez acadado o consenso cos distintos actores sociais, ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que tiña confirmada unha aportación de 194.054 euros a cargo do 1% cultural.
O documento final recolle a proposta de execución daquelas actuacións que espertan unha aceptación unánime; mentres que aquelas que non a teñen foron adaptadas ou rexeitadas. Nese sentido, o equipo de goberno mindoniense agradece as aportacións para esta iniciativa de transcendencia na vida cultural e económica de Mondoñedo, que suporá unha considerable mellora na imaxe dunha das prazas máis emblemáticas de Mondoñedo.
O goberno da cidade, que mantivo reunións con todas as persoas interesadas e con aqueles que presentaron suxestións durante o prazo establecido polo Concello, fíxolles tamén entrega dunha copia do proxecto modificado.
Os dirixentes municipais poñen tamén en valor que “este proxecto permite tamén adaptarse á nova realidade da cidade derivada da aprobación do Plan Rexurbe, instrumento para a rexeneración e rehabilitación de Mondoñedo non só dende o punto de vista arquitectónico, senón tamén ambiental, económico, social e cultural”.
Aportación municipal para xerar impacto económico
O Concello dirixirá a este proxecto 64.684 euros, cantidade coa que se completa o orzamento dos traballos que se levarán a cabo “nun momento sensible derivado da crise sanitaria e tamén económica” e que suporán “un gran impacto económico positivo”, segundo teñen en conta dende o goberno local.





















Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



