Viveiro, 26 de maio de 2021. O goberno de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, é un exemplo de como se poden perder oportunidades e deixar pasar trens aos que o municipio tería que subirse para mellorar as súas posibilidades de desenvolvemento económico e social. Así o di o portavoz popular, Óscar Rodríguez, que destaca que o Concello deixou pasar a oportunidade de participar no plan Actívate, da Deputación, e agora perde a ocasión de entrar no programa de mellora de accesos a praias. É, di Óscar Rodríguez, unha oportunidade perdida para abrir o acceso á praia de Sacido. Os populares presentarán preguntas no próximo pleno en relación con este asunto.
Óscar Rodríguez lembra que “con data 11 de maio puidemos ver na prensa que por parte de Costas vaise proceder o arranxo do acceso de distintas praias da Mariña; son accesos que están pechados e a Subdelegada do Goberno manifestou que estes traballos están incluídos no Plan de Conservación e Mantemento do Litoral”. Explica que, polo que publicaron os medios de comunicación, hai intervencións previstas en Barreiros, Foz e Burela, “pero non vemos nin unha soa partida para Viveiro”.
O portavoz popular di: “En Viveiro, o areal de Sacido leva catro anos sen acceso; ademais de ser unha praia fermosa, está ao carón dun hotel de catro estrelas. O acceso pechado dá unha imaxe deplorable e priva do seu uso a veciños de Viveiro e aos visitantes”.
Os populares queren saber por que Sacido non está incluída no citado programa. Preguntan ao goberno se ten algún proxecto para abrir o acceso a esta praia e, de ser así, en que prazo.
Rodríguez sinala: “Unha e outra vez queda de manifesto o desinterese e a falta de capacidade de xestión tanto da alcaldesa como dos membros do seu equipo. É incomprensible que Viveiro quede fora do citado plan estatal; é unha demostración máis da total falta de peso que ten a señora Loureiro no PSOE”




















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



