Lugo, 25 de maio de 2021. O Grupo Provincial do Partido Popular denuncia a sumisión do BNG, que acepta a emenda do PSOE sobre as peaxes das autovías e rexeita a do PP que é moito máis construtiva. Deste xeito, os populares lamentan a decisión dos nacionalistas, pois, tal e como manifestou o deputado Óscar Poy na súa intervención, a proposta popular “mellora o texto”. “Vostedes saben que esta emenda non é unha á totalidade da acción do goberno da nación senón unha declaración clara do rexeitamento dos representantes políticos dos lucenses á idea de pagar por empregar os viais dependentes do ministerio do Sr. Ábalos”, precisou Poy.
A moción nacionalista evidencia para o deputado popular a falta de peso político do BNG á hora de facer valer o seu peso no pacto asinado co Partido Socialista para favorecer a gobernabilidade en Madrid, e que se demostra coa aplicación, precisamente, de taxas polo uso das distintas autovías, así como para solucionar o problema Alcoa ou para desenvolver o resto de infraestruturas que dependen do Goberno.
Óscar Poy dirixiuse ao voceiro do Bloque da seguinte forma: “Que prisa tiña a Sra. Pontón por saír correndo a Madrid para facerse unha foto coa señora Lastra? Por que non negociaron cun chisco de entusiasmo o apoio do deputados en cortes, o Sr. Rego, á investidura de don Pedro? Pode que se dedicase o tempo a defender os intereses dos galegos e non a deseñar ofensivas e asonadas varias, vostede non tería que estar aquí hoxe dando a cara. Tamén ían solucionar o tema de Alcoa, tamén ían mellorar a atención aos dependentes, ían modernizar o ferrocarril, ían sanear as rías e ata ían solucionar o das peaxes da AP-9. En ningún dos encontros entre o ministerio de Transportes e as comunidades autónomas lembraron anunciar esta intención que hoxe motiva a moción. Non lle alporiza que o voto do seu deputado no Congreso sirva para ter durmindo en Moncloa a alguén que non amosa o máis mínimo respecto pola nosa terra e polas nosas xentes?”, preguntou.
E é que, segundo argumentou o mesmo deputado, “son moitos os problemas que dependen do Goberno e que seguen a non ter solución”. “Son moitos e aínda han ser máis porque o Goberno que vostedes desexaban en Madrid dedícase a lanzar globos sonda e a artellar manobras propagandísticas en troques de consensuar política que impulsen a recuperación económica. Aínda non temos rematada a A-54, a A-6 está cun so carril practicable e, aínda por riba, pode que rematemos por pagar de ir a Lugo a Outeiro de Rei. Benvidos ao criterio do PP de Galicia, á defensa dos intereses dos galegos”, ironizou Poy.
Texto da emenda
O texto da emenda do Grupo Provincial do PP é o seguinte:
1.- Manifestar a súa oposición e, por isto, solicitar a retirada da proposta do Goberno central para o establecemento de peaxes baseados no custo por quilómetro nas autovías de titularidade estatal, que supoñan unha discriminación coa Comunidade Autónoma de Galicia pola súa posición xeográfica e pola situación que se está a padecer coas peaxes das autoestradas de titularidade estatal; e por considerala unha medida regresiva que establece barreiras económicas no acceso á servizos básicos como son as infraestruturas viarias, incrementa a inseguridade viaria e constitúe un atranco para o desenvolvemento económico e a cohesión social de Galicia.
2.- Expresar o seu apoio a que a rebaixa das bonificacións ás peaxes da AP-9 comprometidas nos Orzamentos do Estado para 2021 sexan aplicados como moi tarde no mes de xuño de 2021.
3.- Reiterar, pola importancia que a AP-9 representa para a mobilidade interna en Galicia, a urxencia do traspaso desta infraestrutura, acelerando tanto a tramitación da Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Xunta de Galicia, remitida polo Parlamento de Galicia ao Congreso, coa finalidade de proceder ao traspaso efectivo antes de que remate o ano 2021”.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



