Viveiro, 21 de maio de 2021. O goberno municipal de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, está desbordado, sen ideas e sen solucións para os problemas que afectan aos veciños. Así o sinala o portavoz do grupo municipal do PP, Óscar Rodríguez, á vista de como reaccionan a alcaldesa e o seu equipo fronte ás protestas dos veciños. Como non paraban de chover críticas veciñais sobre o Concello polo pésimo estado do aparcadoiro da zona de Verxeles, a Loureiro non se lle ocorreu outra xenialidade que inundar este espazo de zahorra, co cal, poucos días despois de executado o disparate, as cousas están tan mal ou peor que antes de que se materializara a luminosa idea do goberno local. No PP esixen “solucións xa, porque non é un problema de agora, vén de moi atrás e está máis que denunciado polos veciños e polo noso grupo político”.
Rodríguez di que “o Concello gasta os cartos dos veciños en chapuzas sobre chapuzas; a zona de Verxeles, que estaba en estado pésimo, sufriu una intervención que a deixou peor do que estaba”. Rodríguez lembra que o PP levou en varias ocasións ao pleno municipal os problemas que xera o mal estado do firme do aparcadoiro situado fronte as edificacións da zona de Verxeles. “Pola presión política e veciñal, dende o Concello decidiron intervir, co conseguinte gasto, para deixalo peor do que estaba. Que lamentable xestión!”
Os populares din que á alcaldesa acabóuselle o tempo das desculpas para pavimentar debidamente este importante espazo de aparcamento en Viveiro. Chega o verán, segundo sinala Rodríguez, e o problema segue sen resolver, por non dicir que agravado. O portavoz popular declara: “Se a alcaldesa ten que facer xestións con outros organismos, que as faga; se ten que investigar de quen é ese terreo, que o investigue; se ten que tomar decisións, que as tome, que para iso asumiu o cargo. Pero isto non pode seguir así, e máis ás portas do verán”. Engade: “Os populares esiximos ao goberno municipal que faga o que ten que facer para solucionar o problema e que deixe de tirar os cartos de todos os veciños de Viveiro. Ten que escoitar o que din os veciños e o fartos que están de soportar este problema”.





















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



