Lugo, 12 de maio de 2021. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Alcalde do concello de Meira, Antonio de Dios, asinaron no Pazo de San Marcos o convenio interadministrativo polo cal a institución provincial colabora na adquisición de terreos para a construción dun paseo fluvial no río Miño ao seu paso polo municipio meirense. A institución provincial investirá 25.000€ para a compra dunha finca de 5.528 m2 coñecida como Monte Irimia, que está situada no entorno do Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do río Miño.
Considerada unha zona de especial protección medioambiental, o Pedregal de Irimia ten un gran valor social e natural e a Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Meira, entende necesario promover aquelas accións que permitan a súa conservación e posta en valor. Neste caso, ambas entidades acordan construír un paseo fluvial que permita a unión desta zona co resto da vila, para o que é necesaria a compra de terreos valorados en 37.400€. A institución provincial aportará o 67% do custe, e investirá na posta en valor da zona uns 25.000€, sendo o Concello o que aporte os 12.400€ restantes.
O concello de Meira é o punto do nacemento do río máis importante de Galicia, a uns 3 quilómetros do centro da vila. Situado a 700 metros de altitude, o berce deste río percorre 315 quilómetros e atravesa 3 das 4 provincias galegas, facendo fronteira con Portugal.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



