Lugo, 23 de maio de 2021. O Goberno da Deputación de Lugo levará ao Pleno ordinario convocado para o vindeiro martes unha proposta “para reclamarlle á Xunta que asuma a financiación dos centros de atención a maiores da institución provincial e que os inclúa na súa rede pública de residencias”.
En concreto, propoñen “abrir un proceso de negociación coa Xunta de Galicia, para que asuma, tanto a financiación dos Centros de Atención de Maiores da Deputación de Lugo, como a súa inclusión na Rede Pública de Residencias Autonómica, así como modificar o actual modelo macroresidencial para fortalecer e consolidar unha rede galega de residencias públicas, de pequeno tamaño, que garanta a permanencia dos maiores no seu entorno, mellore a súa atención sociosanitaria, xere emprego de calidade e contribúa a fixar poboación no rural”.
Hai que lembrar que a Deputación de Lugo “leva anos suplindo a inacción da Xunta e facendo un esforzo para achegar servizos sociais públicos, universais e de calidade ós veciños e veciñas da provincia, sobre todo no rural. A institución dedica a políticas sociais que debería atender o goberno autonómico aproximadamente un terzo do seu orzamento, máis de 30 millóns de euros. No que respecta á atención a maiores, ás residencias de Trabada, Ribadeo e Pol, sumáronse ó longo do ano 2020 as de Castroverde e A Fonsagrada. E neste 2021 entrarán en funcionamento as de Pedrafita, Meira e Navia de Suarna”.
Así as cousas, “a pegada da pandemia do covid nas residencias galegas amosou o fracaso do modelo de xestión privada impulsado pola Xunta. Un modelo baseado na rendibilidade económica e non na calidade da atención, e no que non se contemplaba dun xeito integral a xestión sociosanitaria dos maiores”. A aposta pola xestión privada da dependencia “impulsada polos sucesivos gobernos do PP ten convertido a Galicia na Comunidade con menor porcentaxe de prazas públicas en residencias de maiores, tan só o 41%, cando a media española é do 62% segundo as cifras oficiais do IMSERSO”.
Ademais, segundo a “Asociación Estatal de Directivos y Gerentes de Servicios Sociales”, Galicia conta cun déficit de 14.902 prazas residenciais. A pesares diso, na presentación dos orzamentos para o ano 2021 a Conselleira de Política Social non anunciou a creación de novas prazas de residencias”, advirten.
300 empregos no entorno
Os centros da Deputación son de pequeno tamaño, entre 25/40 prazas de media, cunha ratio de case un coidador por persoa. Centros que teñen xerado máis de 300 empregos directos e indirectos no entorno, e que converten o coidado ós maiores nun factor de fixación de poboación e de desenvolvemento para o rural.
Pero, como ben ten sinalado a FEGAMP, “a administración local non pode asumir eternamente, sen financiamento adicional, as competencias que o noso Estatuto de Autonomía atribúe ó goberno autonómico. A Deputación de Lugo ten amosado que outro modelo é posible, viable e dá resultados, pero compételle á Xunta facerse cargo do seu desenvolvemento”.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



