Viveiro, 7 de maio, 2021. Míriam Bermúdez defendeu a moción do BNG acordada cunha importante parte das asociacións deportivas de Viveiro, co fin de que as subvencións que ofrece o Concello de Viveiro a entidades, asociacións e clubes teñan un reparto de fondos municipais xustos e equitativos, cunhas bases transparentes, públicas e claras.
Demanda que vimos reclamando dende o BNG en cada orzamento municipal e que segue sen ser atendida co conseguinte perxuízo para as asociacións, xa que as cantidades establecidas na maioría dos casos é insuficiente se se compara co gasto do desenvolvemento da actividade que realizan e non se axeita a ningún criterio que permita o reparto equitativo entre as asociacións.
Sendo unha necesidade, o reparto de fondos públicos en base a criterios de obxectividade, concorrencia e publicidade que garantan a transparencia das actuacións administrativas, como tamén poder participar e ser escoitados por parte do Concello en todo o que ten a ver coas subvencións que lles son outorgadas, xa que o actual sistema, discrecional, está a dificultar e moito o desenvolvemento das súas actividades. Primeiro, porque as cantidades concedidas en base a criterios subxectivos, non son suficientes para desenvolver cun mínimo de decencia a súa actividade; e segundo porque non lles permite deseñar a súa actividade cun mínimo de previsión, polo que reclaman a adxudicación de fondos a dous anos vista.
Confundir e transxiversar
Míriam Bermúdez destacou que no debate o único que tratou o PSOE e os seus homólogos de Por Viveiro, foi tentar confundir e transxiversar a moción por completo.
A concorrencia competitiva é un modelo de subvención que exixe que haxa que formalizar un reparto democrático e xusto para todas as asociacións, tal e como fan todas as administracións públicas, quer Xunta de Galiza quer Deputación por exemplo, sen eximir esta cuestión a que poidan recibir subvencións nominativas puntuais, por obra, evento, ou calquer outro gasto. “Repartir axudas a dedo sin consenso nin explicación algunha, nin é xusto nin é serio, é discrepcional e a dedo”, recalcou Míriam.
“María Loureiro xamáis se reuniu coas asociacións para acordar ningún dos orzamentos municipais do cogoberno (PSOE e Por Viveiro). Tampouco antes de redactar e/ou estudar as cuantías das subvencións a asociacións. Mais cando si se reuniu con elas, chamando unha a unha a pasar polos seus depachos, foi xusto o día despois de que o BNG presentase esta moción”, afirmou a concelleira do BNG, “foron chamando por separado unha a unha e con informacións distintas para cada unha delas, moi diferente a como fixo o BNG, onde reunimos a todos e todas na mesma mesa até chegar a un acordo unánime consensuado, saíndo esta moción dela”.
PSOE sen argumentación sólida
“En Viveiro non é posíbel dar unhas subvencións equitativas” e “as asociacións non queren competir entre elas”, estos foron uns dos poucos argumentos que logrou, a duras penas, defender o Concelleiro de Deportes, César Iglesias Docal, constatando o seu total descoñecemento sobre subvencións públicas e as tarefas que lle son propias do cargo que ostenta.
“Un argumento totalmente falso, e sábeo ben” afirma Míriam Bermúdez. e aclara que “a concorrencia competitiva non é máis que consensuar os criterios que baremarán a cuantía da subvención para un reparto equitativo, saber porqué a unhas asociacións lles dan máis ou menos que outras é un básico da democracia municipal. O realmente anómalo é que o reparto se faga a dedo, sen criterios públicos e que, sen falar con ninguén, o equipo de goberno comunique as subvencións que lles corresponden sen máis e sen responder os porqués das cuantías.”
Submisión absoluta de Por Viveiro ao PSOE
Bernardo Fraga, portavoz de Por Viveiro baixo a influencia de María Loureiro, opúxose en todo momento á moción demostrando que nin sequera a lera, dicindo tales cousas como que “as asociacións non quere un reparto igual para todas senón que queren equidade”, argumento que se desmonta se soubera que é a concorrencia competitiva e lera o punto 2 desta moción, onde di explicitamente:
Levarase a cabo a creación dunha comisión da que formen parte todas as entidades e colectivos cidadáns sen ánimo de lucro do concello de Viveiro así como os grupos políticos presentes na Corporación, para acordar AS BASES REGULADORAS da concesión de ditas subvencións que deberán estar elaboradas para a súa aplicación dende o vindeiro orzamento do ano 2022.
Ocorreu o mesmo cando afirmou que as asociacións o que queren é saber con máis anterioridade os importes a percibir e máis tempo para administrar estas subvencións. E a nosa moción pon, moi explícitamente que:
As cantidades concedidas en base a criterios subxectivos, non son suficientes para desenvolver cun mínimo de decencia a súa actividade; e segundo porque non lles permite deseñar a súa actividade cun mínimo de previsión, polo que reclaman a adxudicación de fondos a dous anos vista.
E así con todas. Os integrantes de Por Viveiro, aínda de teren os seus propios argumentos expostos na nosa moción, votaron dócilmente co PSOE, en contra.
A moción non saiu adiante, sendo 11 votos en contra correspondentes aos concelleirxs dos grupos do PSOE, Por Viveiro e o concelleiro non adscrito, 1 voto a favor correspondente á concelleira do BNG, e 5 abstencións correspondentes dxs concelleirxs do PP.
Dende o BNG de Viveiro aseguran que non desistirán, lamentan que o PSOE ignore aos clubes, entidades e asociacións de Viveiro desta maneira e afirman que seguirán de perto a labor do goberno para tentar que o asociacionismo esteña ben atendido.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



