Foz, 5 de maio de 2021. AciaFozCCA sorteou hoxe os 1.000 euros en vales de compra da súa campaña do día da nai.
Todas aquelas persoas que realizaron as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA entraron no sorteo de 20 vales de compra de 50 euros cada un para gastar ao longo das vindeiras semanas.
Os números e os locais nos que se repartiron as papeletas foron os seguintes: 10.005 en Ofifoz; 8.805 en Hola Ola; 5.250 en María Docampo; 2.576 en Vas’s Outlet; 8.570 en Kukadas; 1.603 en Lourdes Moda Íntima y Baño; 14.183 en Librería Bahía; 3.231 en Lavado A Rapadoira; 7.756 en Pastelería Amarena; 2.921 en Peluquería Briz; 13.201 en Saborea Mondoñedo; 16.458 en Xoiería Iria Rodríguez; 12.689 en Lencería Esther; 12.270 en Casa Moreda; 1.575 en Ginzo Hombre; 6.027 en Pastelería Anduriña; 2.889 en Electricidad Núñez; 13.777 en Lavado A Rapadoira; 13.365 en Calzados Pirde; y 12.901 en Unique-2.
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz e ao mesmo asistiron o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
As persoas que teñan as papeletas afortunadas poden reclamar o seu premio chamando ao teléfono da oficina de AciaFozCCA, que é o 982 132 751.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



